Máis de 150 alumnos no curso de riscos laborais en Dumbría
09:20 03/04/13
Tremenda acollida do curso de prevención de riscos laborais que se está a desenvolver esta semana na casa cultural de Olveira - Dumbría en horario de tarde.
Este curso impárteo UGT e consta de 65 horas, das cales 20 son presenciais e o resto on line. E foron 154 os asistentes a esta primeira sesión.