Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Máis de 200 estudantes galegos visitaron Ferroatlántica o pasado ano

Máis de 200 estudantes galegos visitaron Ferroatlántica o pasado ano

As fábricas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría recibiron durante o ano 2010 a visita de máis de 200 escolares de centros educativos galegos. Só durante o pasado exercicio, máis de media ducia de colexios tiveron a oportunidade de ver de cerca o funcionamento das súas instalacións, unha experiencia educativa de gran interese para os mozos e os seus profesores.

A visita é ideal para estudantes cursan 3º e 4ª de ESO, bacharelato ou Formación Profesional. A visita a Ferroatlántica supón unha xornada didáctica que axuda a completar a súa formación dentro dos programas educativos de cada centro.

Os últimos en visitar as instalacións foron 42 estudantes de electricidade do Colexio Fogar Caixanova, de Vigo, fai uns días. Tamén estiveron fai poucas semanas os estudantes do I.E.S Agra de Raices de Cee.

Desde Ferroatlántica adáptanse as actividades ao rango de idade dos alumnos e á formación específica de cada grupo. A visita adoita ter unha duración aproximada de 3 horas nas que se mostra a fábrica de Cee e as Centrais Hidroeléctrica do Ézaro. Na súa estancia en Cee un profesional de Ferroatlántica explica aos mozos o proceso de fabricación e as aplicacións dos produtos fabricados. Ademais, realízase unha visita ao laboratorio onde se achegan a conceptos como "control de calidade" e "análise dunha mostra".

Ademais os mozos teñen a oportunidade de visitar a Central Hidroeléctrica do Ézaro, onde coñecen o funcionamento dunha central destas características e realizan unha parada nas instalacións da antiga Central do Pindo. Os mozos e mozas visitan tamén o Centro de Interpretación da Electricidade no que levan a cabo un percorrido didáctico e interactivo.

Ferroatlántica, que leva varios anos desenvolvendo este tipo de visitas didácticas, enmarca estas actuacións no seu plan de responsabilidade social corporativa no que dan especial relevancia á colaboración entre a empresa e os centros educativos para conseguir que os estudantes obteñan unha visión completa e ampla da realidade.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Ferroatlántica.

Comentarios