Carlos Oliete coida de Apem

08:57 14/02/11
A Asociación prol Enfermos Mentais, APEM, continúa demostrando a súa pegada e o seu gran traballo de integración na Costa da Morte. Conta ademais a entidade cun valedor moi importante, a empresa Ferroatlántica, que a través do seu director Carlos Oliete, que axuda a estas entidades no marco da política de responsabilidade social corporativa da empresa.
De feito, Oliete visitou a pasada semana o centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral e a Unidade Residencial de APEM (Asociación Prol Enfermos Mentais) en Cee, co fin de coñecer o seu funcionamento. E o fixo da man da coordinadora de servizos, Pety Vázquez, que guiou ao director polas instalacións para que comprobase en primeira persoa o importante labor que APEM desenvolve en Cee.
O director de Ferroatlántica, que xa colabora con APEM co patrocinio dun programa de radio semanal desenvolvido polos propios usuarios e emitido en Radio Nordés, visitou o centro de día, a unidade residencial e a vivenda supervisada.
Ao redor de 40 persoas levan a cabo diariamente actividades como talleres prelaborales, terapia ocupacional e habilidades sociais, actividades de lecer e tempo libre, psicoeducación, etc. e unha vintena viven na residencia xestionada por APEM.
Carlos Oliete mostrou a súa satisfacción ao ver in situ o traballo que desenvolven nestas instalacións, de gran relevancia para que a enfermidade mental deixe de ser descoñecida pola sociedade. Como responsable de Ferroatlántica tendeu a man á asociación co fin de establecer vínculos de colaboración en futuros proxectos.
Que é APEM?
APEM naceu en xaneiro de 1980 a instancias dun grupo de familiares de enfermos mentais animados por profesionais que eran conscientes de que o tratamento destes enfermos pasaba por algo máis que o tratamento farmacológico e debía completarse desde o punto de vista social. Foi a primeira asociación destas características que se creou en Galicia e unha das primeiras de España. Actualmente conta con Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral na Coruña (2), Cambre (1), Betanzos (1), Carballo (1) e Cee. En Cee o centro de APEM está presente desde o ano 2002 onde contan con Centro de día, vivenda supervisada e en 2007 comezou a funcionar a Unidade Residencial.Novas relacionadas
- Apem e Aspadex vencen ao vento.
- Aspadex recolleu a Medalla Fernando Blanco da man das asociacións ceenses.
- Merecida xubilación tras 34 anos na fábrica.
- Carlos Oleite: “Ferroatlántica cumpriu en todo momento cos términos da concesión”.
Fonte
- Nota de prensa de APEM.