Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Manuel Fidalgo, veciño de Regoelle: "Dende outubro levo cinco inundacións"

Aí quedou o o portal da súa casa o xoves pasado coas chuvias.
Aí quedou o o portal da súa casa o xoves pasado coas chuvias.
Manuel Fidalgo, veciño de Regoelle: "Dende outubro levo cinco inundacións"

As chuvias que levamos tendo durante este inverno e parte do outono nestes últimos meses están a causar unha morea de estragos, xa sexa por cortes de luz, de internet... ou por inundacións tanto en negocios coma en vivendas particulares. Un dos afectados por esta situación foi Manuel Fidalgo, un veciño de Regoelle (Dumbría).

Cada vez que chove forte, Fidalgo sofre inundacións tanto na entrada da súa vivenda coma no seu garaxe, o que lle impide, ademais, ter animais na súa propiedade porque sería inviable. Fidalgo afirma que "dende outubro levo xa cinco inundacións", e este é un problema que leva arrastrando dende hai anos.

Portal do veciño de Regoelle

Segundo comenta, todo comezou coas obras de ampliación da estrada de Baíñas – Olveira, que obrigaron ao veciño a cambiar a entrada da súa casa a unha pista que adoita inundarse cada vez que hai temporal ou que chove con un mínimo de forza.

Para Fidalgo, “as obras das beirarrúas están mal feitas” xa que os tubos de paso de auga non deixan pasar a suficiente cantidade, ocasionando desbordamentos. O mesmo sucedería cun río que pasa por detrás da súa casa, que inunda un tramo da estrada de Olveiroa a Baiñas.

Segundo o veciño, o Concello ten constancia destas incidencias pola súa parte e leva pelexando polo arranxo desta situación e semella que finalmente as súas queixas foron escoitadas, pois responsables de obras do Concello xa teñen pasado polo lugar para intentar acometer as obras necesarias.

Comentarios