Luns. 14.10.2024
El tiempo

Mazaricos, Santa Comba e Dumbría contan máis vacas que persoas

Mazaricos, Santa Comba e Dumbría contan máis vacas que persoas
vaca galega Mazaricos, Santa Comba e Dumbría son potencias en materia gandeira

Fantástico o informe de GCiencia a través do rexistro de Gando bovino do IGE (o último é de 2014). O xornalista carballés Manuel Rey Pan vén de facer un reconto as cabezas rexistradas en toda Galicia. Máis de medio millón de vacas ten Galicia, habendo 63 concellos onde hai máis vacas rexistradas que persoas.

3 destes 63 concellos son da Costa da Morte. Mazaricos, Santa Comba e Dumbría contan con máis vacas que persoas. En Mazaricos hai nada menos que 12.354, 3 vacas por cada habitante. Pola súa parte Santa Comba suma 11.411 vacas (1,2 vacas por habitante). E Dumbría ten 3.373, pouco máis dunha vaca por habitante.

Datos que demostran o potencial gandeiro da comarca do Xallas e dos tres concellos que vimos. De feito, Mazaricos e Santa Comba están entre os 5 concellos con máis vacas de Galicia, sendo o mazaricán un dos 10 con máis vacas por habitante.

Non é de estranar que Mazaricos dependa nun 90% do sector gandeiro e de cada Semana Gandeira convitar a MZ no epicentro do sector galego.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios