Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Novas alternativas políticas en Dumbría e Mazaricos

Novas alternativas políticas en Dumbría e Mazaricos

PIMAZ e PIED son as novas alternativas políticas de cara ás eleccións municipais en Mazaricos e Dumbría. Xa ollamos que se coce por Vimianzo e por Ponteceso. E hoxe quedamos en Mazaricos e Dumbría para coñecer as novas alternativas.

PIMAZ

"Partindo Independiente de Mazaricos". Así se presenta o novo partido mazaricán. Novo tamén é o seu candidato, Nico Martínez, que xa se promociona a través do Facebook. O pasado sábado realizaban a presentación e máis de 400 persoas acodían á cea inaugural na Casa Jurjo.

Unha nova gardería, un polígono no Val e máis axudas ao sector gandeiro foron as temáticas principais que prantexou o banqueiro Nicolás, de tan só 34 anos e natural de Beba.

PIED

"Partido Independiente Empresarial de Dumbría. Así nace a nova alternativa ao goberno máis lonxevo da Costa da Morte. Manuel Barcia García presentouse o pasado venres como candidato ante máis de 200 persoas. Ademais de intentar achegar a ITV ata o concello dumbriés, o veciño de Olveira quere acabar cun "mandato baseado no clientelismo".

O PIED representa a más de 35 empresas e gandeiros do concello.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios