Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Por que é necesaria unha candidatura independiente en Ponteceso?

Por que é necesaria unha candidatura independiente en Ponteceso?

Algo se move na vila de Pondal. A enquilosada vida política do concello vai que o sector máis novo non se sinta identificado coas propostas electorais. Nada novo que non pase no 90% dos concellos da zona.

O realmente novedoso é que haia en marcha unha nova candidatura. Independientes por Ponteceso xa está contactando con unha morea de entes vivos do concello, e de seguro que dan que falar.

Aseguran que nestes vindeiros días darán a coñecer "a identidade deste grupo de persoas que propoñemos esta alternativa política, independente a todas as presentes no noso pobo ,que funcionará de forma asamblearia e totalmente aberta para toda persoa que queira participar".

Aí é nada, agardámola como auga de maio, para darlle un novo pulo á vida poliítica en Ponteceso e na Costa da Morte.

Máis información

Fonte

Comentarios