Mércores. 17.07.2019
El tiempo

O alumnado dos obradoiros de emprego Proturismo2017 saen á rúa

O alumnado dos obradoiros de emprego Proturismo2017 saen á rúa
  proturismo2017-obradoiro-emprego Os alumnos e alumnas da especialidade de promoción turística realizaron onte unha enquisa na feira de Santa Comba O alumnado da especialidade de Promoción turística local e información ao visitante do obradoiro de emprego Proturismo2017 - promovido polos concellos de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría -, visitaron onte a feira de Santa Comba co obxectivo de realizar una análise sobre a súa potencialidade turística e as posibles actividades de promoción que se poden levar a cabo na mesma. Para isto realizaron enquisas entre os usuarios da feira, tanto poboación local como visitantes que posteriormente analizarán en aula. Para este xoves - día 24 - está prevista unha saída de traballo no concello de Mazaricos para coñecer os recursos turísticos que o alumnado da especialidade está inventariando. obradoiro-emprego-proturismo2017 O alumnado da especialidade de xardinaría xa comezou as súas prácticas Pola súa banda, o alumnado da especialidade de Xardinaría iniciou as prácticas na zona verde situada no entorno da Casa-Escola de Castriz e está semana comezarán os traballos no entorno da Casa de Cultura do concello de Santa Comba. O obradoiro de emprego Proturismo2017 conta con dúas especialidades, con dez alumnos/as cada unha - Promoción turística local e información ao visitante e Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes - e ten unha duración de 9 meses. Novas relacionadas Fonte

Comentarios