Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Camiño Fisterra-Muxía contará cunha oficina de información na Porta do Camiño de Santiago

O Camiño Fisterra-Muxía contará cunha oficina de información na Porta do Camiño de Santiago
A oficina do Camino Fisterra-Muxia estara na Porta do Camino A oficina do Camiño Fisterra-Muxia estará na Porta do Camiño

Boas novas as que nos traen hoxe os membros da Asociación Muxía Turismo Rural. Cóntannos que Muxía e Fisterra contarán cunha oficina de información da prolongación do Camiño en Santiago. Unha oficina que será en plena Porta do Camiño (C/ Casas Reais, 31), a entrada principal de peregrinos o casco vello compostelán.

A iniciativa, liderada pola entidade muxiá, é levada a cabo en colaboración con Viaxes Brigantia, unha axencia de receptivo fisterá que presta os seus servizos desde 2003. Todo iso é posible grazas ao patrocinio de 6.000 euros do Concello de Muxía, e dende as entidades promotoras esperan que tamén colabore o concello de Fisterra.

Nas dependencias compostelás haberá información sobre os recursos e establecementos das vilas da Barca e do Cristo. O peregrino terá igualmente en devandito espazo unha credencial á súa disposición. Graficamente, o local contará na fachada con amplas imaxes do santuario da Barca e do faro de Fisterra.

O Concello muxián está traballando na elaboración dun folleto divulgativo, que recollerá as empresas do sector turístico do municipio, e que estará igualmente no local da cidade do Apóstolo. A oficina, cuxa apertura será levada a cabo entre o 10 e o 15 do próximo mes de marzo, estará atendida por un técnico de turismo e dous becarios.

Daríase así unha curiosa circunstancia: teríamos unha oficina de turismo en Santiago, pero non teríamos ningunha aberta nos Faros da da Costa da Morte

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios