Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: A hidrocentral “Electra del Jallas”

Restos da Central del Jallas en 2003-Foto: Modesto García Quintáns
O Modesto Patrimonio: A hidrocentral “Electra del Jallas”
Central hidroelectrica del Jallas antiga Vella e abandonada Central del Jallas-Foto-Modesto García Quintáns

Que ben traída esta doble entrega sobre a explotación do noso río Xallas. Despois de lembrarnos o 50 aniversario do Encoro da Fervenza, Modesto García Quintáns lévanos ata a vella central hidroeléctrica do río Xallas, que serve para recuperar a historia da enerxía hidroeléctrica da bisbarra, mirando ademais en clave de futuro, coa loita social pola non segregación das actividades de Ferroatlántica en pleno auxe.

 

A hidrocentral “Electra del Jallas”

Foto aérea de 1960 Foto aérea de 1960 do río Xallas

Esta hidrocentral nace sobre o ano 1911, con capital vasco, para suministrar enerxía eléctrica á comarca, hoxe en día coñecida como “A Costa da Morte”. O edificio foi construído uns 700 m. augas arriba, a man dereita, da primitiva central do Pindo, máis coñecida como “A Fábrica Vella”. Na actualidade localízase o pé da actual presa de Santa Uxía.

“Electra del Jallas” estaba alimentada coas augas do río Xallas mediante unha presa e unha canle de terra duns 350 m. de largo aproveitando a caída duns 12 m. de altura para mover a turbina. Imos recordar a gran crecida do río no día 8 de Febreiro de 1926 que puso en peligro as vidas dos obreiros Manuel Iglesias e Manuel Rodríguez. Inundouse a fábrica con tres metros de altura.

De aquí partían as liñas cara ós pobos de Cee, Corcubión, O Pindo, Carnota e Muros cuns fíos de cobre de 5 m/m, ailladores de porcelana chinesa e postes de madeira para conducir uns 20.000 voltios. Máis tarde ampliaríase a outros pobos da comarca.

Como existía moita demanda, a empresa decide cambiar a turbina por outra máis moderna. Segundo me contaron persoas de avanzada idade, uns meses antes da Guerra Civil, un barco descargou unha moderna turbina no porto de Brens. Prepararon un carro especial para o seu transporte, tirado por seis pares de vacas, tendo como itinerario A Ameixenda, Cruceiro de Gures, Monte de Banle, A Peneda e Santa Uxía, houbo que arreglar o camiño ata as proximidades da central. Cando estaban na Ameixenda comenzou a Guerra Civil e agochárona no lugar por medo a ser confiscada. Rematada a guerra reanudaron a viaxe procurando levar planchas metálicas para non afundirse as rodas en terreos brandos. Para baixala á central tiveron que recorrir á raís metálicos e polipastos.

Restos de la maquinaria Restos de la maquinaria da hidrocentral do Jallas-Foto-Modesto García Quintáns

Máis tarde, as accións desta empresa foron adquiridas pola Sociedad Española de Carburos Metálicos. Sobre o ano 1958 formalizou un contrato con Fuerzas Elétricas del Noroeste (FENOSA) para poder alimentar as redes de Carballo e Noia.

Esta Central deixou de funcionar sobre o ano 1978, coincidindo cunha renovación das instalacións. A enerxía pasou a ser suministrada por FENOSA a través dunha liña de alta tensión de 66 kV procedente da Central do Tambre que remataba nas Pontellas de Brens.

Cabe dicir que a parroquia de Buxantes, a pesar da súa proximidade ás centrais eléctricas, non tivo luz ata o ano 1950. Os primeiros foron os lugares de Xestosa, Anseán e Filgueira, que coa disculpa das obras da canle e túneles para a central de Campelo, os veciños, entre eles Evaristo Quintáns, esixiron a instalación da luz eléctrica nestes lugares para deixar pasar a canle polas súas fincas. No ano 1951 serían os lugares da Igrexa, Vilar, A Carballa, Figueiroa, A Casanova, Martín, Cerván, Castro e Busto. No ano 1953 foi Miñóns e no ano 1967, O Carboal e Vilar de Paraíso. Ao lugar de Brazal chegou sobre o ano 1950 a través dunha liña procedente do lugar de Campelo.

Neste tempo a enerxía eléctrica estaba mal vista porque se tiña medo a que prendera lume nas casas. Así, o lugar de Miñóns puido ser o primeiro en ter suministro eléctrico e rexeitouno por medo os incendios.

Na actualidade esta central encóntrase en ruínas e o solar transformouse nun bosque. É un lugar ideal para un merendeiro, o edificio pódese acondicionar e por un lateral pódese construír unha pasarela que cruce o río Xallas para visitar mediante un sendeiro o Pico de Peñafiel no Monte do Pindo.

Restos de la Central del Jallas Restos de la Central del Jallas, espazo ideal para reconvertir nunha área fluvial recreativa
  • Modesto García Quintáns.
 

Novas relacionadas

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios