Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: A Igrexa Parroquial de Buxantes

O Modesto Patrimonio: A Igrexa Parroquial de Buxantes
Seguimos percorrendo a comarca de Fisterra, parroquia a parroquia, gracias ao noso amigo Modesto García Quintáns. Hoxe volvemos á súa casa, Dumbría, para coñecer a Igrexa de Buxantes.

O Modesto Patrimonio: A Igrexa Parroquial de Buxantes

Igrexa de Buxantes-Dumbria-Modesto Garcia Quintans 2 Igrexa de Buxantes--Foto-Modesto García Quintáns Sabemos, polos vestixios atopados, que a actual igrexa parroquial de Buxantes está asentada sobre a primitiva de planta rectangular. O antigo campanario debía estar no alto do paraje Monte do Sino, onde está a actual Casa da Cultura. Esta primitiva igrexa debeu ser construída a finais do s.X, cando comezaron as divisións territoriales coñecidas como parroquias e agrupadas en arciprestados. Podemos testemuñar o dito anteriormente polo sarcófago atopado dentro da actual igrexa. Un documento do ano 1607, con motivo da visita pastoral do cardeal Jerónimo do Hoyo, di: "Esta feligresía tiene cuarenta y dos feligreses. Los frutos quatro partes: las tres y un décimo del cura y la quarta por sin cura el bachiller Ruy González. Vale la parte rector treita cargas de pan. Otra qurta la lleva el arcdiano de Asgtorga y pídela el rector por congrua. La fábrica tiene de renta seis ferrados de trigo y ciertas piezas de ganado sueltas por el monte." A actual igrexa, de planta en forma de cruz latina, reformada e orientada segundo a primitivas crenzas, deste-saliente (altar) a oeste-poñente (porta de entrada-saída), de estilo barroco, con bóbedas de cantería en forma de canón reforzadas. Foi construída en diferentes etapas: a primeira en 1714 coa construción da capela da Virxe da Rúa polo lateral norte que máis tarde se chamaría Capela das Dores. En 1736 construír unha pequena capela sen estética, no lateral sur, coñecida como Capela da Concepción. Pero o cura que lle deu impulso ás princiales obras desta igrexa foi Simón Sanchez Pulleiro. En 1746 ordena romper o muro do lateral sur á altura da capela da Concepción e constrúe unha nova semellante á das Dores coñecida como Capela de San Antonio. Esta capela creou problemas polo seu financiamento. O cura, enterrado nun lateral leste en 1767, afirmou que a pagou co seu diñeiro. Un adiñeirado parroquiano, coñecido como Pedro Maceiras do lugar de Anseán, coñecida na actualidade como "Capela do Torrado" aporta os fondos necesarios para a construción dunha pequena capela coñecida como Capela de San Miguel, encostada á de San Antonio. Para rematar constrúese a torre do campanario imitando á Torre do Reloxo da Catedral de Santiago cunha altura de 21,8 m. e 35 escalinatas de subida. Algúns historiadores din que a torre desta igrexa foi proxectada polo arquitecto de Cee coñecido como Domingo Andrade, o mesmo que proxectou a de Santiago. Creo que isto non é posible porque Domingo morreu o 12 de novembro de 1712, e as obras da igrexa comezaron sobre 1736, é dicir 24 anos máis tarde. Cabo pensar que o proxecto fose feito por algún discípulo de Domingo. A obra quedou rematada sobre o ano 1759 co enlosado do piso, que durante moitos anos facía de cemiterio parroquial. En 1942 ábrese unha pequena porta á rúa pola sancristía e en 1964, sendo cura o párroco Jesús Branco Pailos, amplíase polo lateral norte. Na actualidade estase reformando o piso con losas graníticas para manter a primitiva estética. Para quen non a coñece, recoméndase unha visita; pola noite atópase iluminada. Iglesia parroquial de Buxantes-Dumbria-Modesto Garcia Quintans
  • Modesto García Quintáns.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios