O Modesto Patrimonio: A morte dunha veciña de Buxantes en Cee polo exército francés e o apelido “Lema”
07:58 16/06/18
Ollando o libro “Los Franceses en Cee” do historiador Francisco Mayán Fernández, natural desta Vila, na páxina 111 di:“El 21 de Abril de 1809 falleció Rosa de Lema, soltera, hija natural de Catalina Lema, difunta, natural de la parroquia de S. Pedro de Buxantes y vecina de Cee. No recibió los Santos Sacramentos por haber sido muerta violentamente por las tropas francesas en que volvieron por segunda vez a invadir y quemar esta villa y su iglesia que habían robado el día 12 de este mes. Se dio sepultura en el atrio de la iglesia. Se ofició su entierro con la asistencia de cinco señores sacerdotes”.
Acabado o relato entroume a curiosidade de indagar de que lugar podía ser esta Catalina Lema. Repasando uns documentos da época dos aforamentos había “Lema” nos lugares de Anseán, Busto, A Filgueira, Miñóns, Vilar, Xestosa e Figueiroa. Pero aproximeime máis ás datas dos acontecementos con outro documento (primeira década de 1800) e só atopei “Lema” nos lugares de Anseán, Busto, A Filgueira, Miñóns e Figueiroa. O careceren do segundo apelido, tiña moi difícil relacionalos entre sí. Sábese que no lugar da Filgueira, ó remate do s.XVIII, había unha familia poderosa con apelido “Lema” que estaba emparentada coa familia do Torrado de Anseán. Dominga Maceiras Lema (filla de Pedro Maceiras, o que fundou a capela de San Miguel na igrexa parroquial) casouse con Tomás Quintáns, dando comezo á familia Quintáns da Filgueira. A partir de aquí a familia “Lema” perde protagonismo, emigrando parte dela a outras latitudes, como Cee, polo que esta Catalina creo que debía ser deste lugar da Filgueira. Na actualidade sigue existindo “Lema” neste lugar, pero creo que procede do lugar de Anseán.Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/a-revista-nalgures-afonda-na-historia-da-igrexia-parroquial-de-muxia-e-na-orixe-dos-seus-apelidos/ https://quepasanacosta.gal/cales-son-os-apelidos-mais-tipicos-do-teu-concello/O Modesto Patrimonio
- A Pedra Cabana do Rego Bravo no Monte do Pindo.
- A esquecida Capela de San Miguel de Coucieiro.
- O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- Os lavadoiros de Dumbría.
- O Cruceiro de Calo.
- O bichoco da pataca.
- O Modesto Patrimonio: As Xunqueiras de Cee na ría de Corcubión.
- O sarcófago da Igrexa parroquial de Buxantes.
- A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- A Furna do Río da Barco.
- Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Castro de Alvarellos de Berdeogas.
- Lugas de Castrelo, Colúns.
- A Capela de San Marcos do Logos.
- Os muíños do Rego de Quenxe.
- Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?:
- Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios.
- Os muíños da nosa comarca.
- Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])