O Modesto Patrimonio: O 50 aniversario do Encoro da Fervenza
Hai pouco falabamos do expolio patrimonial que levamos facendo décadas no encoro da Fervenza. Hoxe, o bo de Modesto García Quintáns bota unha ollada ao pasado, e lembra os 50 anos que cumple esta presa.
Recordando o 50 aniversario do Encoro da Fervenza
Cumpríronse 50 anos en que as augas do río Xallas “enfangaron” 104 Ha. de terreo onde había 6.923 leiras e aldeas que abarcaban os concellos de Dumbría, Mazaricos, Vimianzo e Zas. Isto ocorreu pola decisión de a Sociedade Española de Carburos Metálicos S.A. que solicitou ao Ministerio de Obras Públicas a concesión para a construción dun encoro no río Xallas que almacenaría 104 Hm3. de auga para a produción de enerxía eléctrica. A concesión foi otorgada o 22 de octubre de 1958 por un período de 99 anos.
Este encoro abarcaría unha superficie de 1.250 Ha.,repartidas entre os concellos de Dumbría, Mazaricos, Vimianzo e Zas. A presa tería unha lonxitude de 127 m. por 26 m. de altura e a cota de máximo nivel estaría nos 285 m. sobre o nivel do mar. A parroquia máis afectada foi a dos Vaos do concello de Mazaricos.
Mapa dos lugares desaparecidos no Encoro da Fervenza-Os Vaos-Fonte-Modesto Garcia QuintansDe alí tiveron que emigrar a outras latitudes moito veciños dos lugares que enumeramos a continuación: Castrarón, 9 veciños, Ribeira de Riba, 9; Ribeira de Baixo, 4; O Niñán, 16; Pazos, 17; Os Vaos, 2, A Pesqueira, 1. Si e verdade que as súas propiedades foron pagadas pero o sacrificio que fixeron esquecendo o recordo sentimental dos seus antepasados non se pagan con cartos. Imaxe do Catastro do desaparecido lugar dos Vaos de 1950
No ano 1992, esta concesión foi transferida a Empresa de Ferroatlántica e na súa autorización administrativa decía: “La Sociedad Ferroatlántica SL será titular del negocio de ferroaleaciones y energía eléctrica…. supone la aceptación de las condiciones reiteradamente exigidas por la Xunta de Galicia, en especial la no segregación en dos sociedades distintas de la actividad de ferroaleaciones y la producción de energía hidroeléctrica por las centrales a que se refiere la autorización, con lo cual queda salvado el interés público….”.
Na actualidade parece más rendible a producción da enerxía eléctrica que as ferroaleacións e, o encoro da Fervenza, é como un depósito de auga regulado por unha “billa” na presa. As centrais hidroeléctricas funcionan abrindo ou cerrando a billa en función do mercado eléctrico. Pero non esquezamos que os fornos de ferroaleacións funcionan con esta enerxía, e o porto de Cee abarata custes.
Igrexa dos Vaos foi traida pedra a pedra dende o encoro- Modesto García Quintáns.
Novas relacionadas
O Modesto Patrimonio
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O Modesto Patrimonio: O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- O Modesto Patrimonio: Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).