![Ermita das Neves Buxantes Dumbria]()
Ermita das Neves
Visitar a paraxe da Fonte Santa onde se encontra a Ermida das Neves de Buxantes é unha gozada polo silencio e a tranquilidade do terreo.
Pódese chegar en coche por unha pista asfaltada que sae da estrada EP-2302 que une Brens coa factoría Ferroatlántica. Tómase un ramal no Qm. 3,9 que conduce ó lugar de Figueiroa, nun treito de un quilómetro e medio.
![Lugar de Figueiroa]()
Lugar de Figueiroa
Postos neste lugar, podemos vamos repasar un pouco a súa historia. Son tres veciños: Casa do Castros, Casa de Consuelo, antes Casa do Pesco, e a Casa de Pais. Están moi ben comunicadas entre sí por rúas de cemento onde antes eran “cañeiras de mato”.
![Cruz de Figueiroa de Buxantes copia]()
Cruz de Figueiroa de Buxantes
Empotrado no alto dun muro no lateral dun cobertizo podemos ver a cruz dun cruceiro que no século pasado estaba no camiño sacramental na Costa da Carballa e que por as razóns que descoñezo rompeu e a cruz foi colocada alí.
Os datos que podemos aportar sobre este lugar sacámolos do Catastro da Ensenada do ano 1761. Sabemos que había dous veciños: Domingo de Castro e José Bermúdez de Castro, viúvo de 75 anos con dos fillos. Debían ser familiares, quedando como alcume a casa “dos Castros”. Máis tarde apareceu outro veciño, Francisco Pais Maceiras que según algún documento procedía de Fontecada (Santa Comba) e vivíu nunha casa moi antiga coñecida como “Casa do Pesco”. Esta casa tiña sobre o lintel da porta unha estrela de David, símolo do xudaismo ou Selo de Salomón, do estilo da Casa Pailos de Regoelle en Olveira.
Francisco tivo varios fillos, entre eles Ramón e outros que emigraron a Argentina. Sabemos que Ramón era carpinteiro por un documento que conta que fixo dous confesionarios para a igrexa parroquial no ano 1874 e varias reparacións na ermida das Neves. Desta familia saíu un rexistrador, un maestro e un xogador de fútbol do Zaragoza. Como anécdota, contaban os veciños que o rexistrador sacou a carreira memorizando os textos no monte cuidando as ovellas. Tivo algún problema á entrada nos exámenes na Universidade de Santiago pola vestimenta, levando os zocos como calzado.
Continuamos a ruta pola pista asfaltada nun treito de un quilómetro e chegamos ó campo da ermida. A esquerda temos un cruceiro ó pé da famosa Fonte Santa, en estado de abandono; á dereita un muro de contención, con escaleiras de subida onde se encontra a ermida e de fronte un arborado cos restos dun edificio que era o antigo Caserío da Fonte Santa, destruído pola tropas francesas no ano 1809.
![Fonte das Neves]()
Fonte das Neves
Neste punto, encrucillada dos camiños reais de Fisterra a Santiago e de Muros a Muxía, existía unha pousada. Descoñecemos a orixe desta capela, pero sospeitamos que naceu como un pequeno oratorio á beira dunha fonte que tomou o nome de Fonte Santa na época de maior esplendor relixioso na comarca influenciado pola comunidade benedictina dos Mosteiros de Baíñas, Ozón e Moraime. Sabémolo, polo testimuño escrito do coengo Jerónimo del Hoyo en 1606, que di: “Hay una Ermita de Nuestra Señora de La Fuente Santa, por lo que tiene muy buena y grande fuente; un poco má abajo posee una gran pila redonda. Tiene 16 ferrados de trigo de renta y piezas de ganado en el monte…”.
A primitiva capela, de cantería, debeu quedar pequena e foi ampliada en 1791 usando parte da sillería primitiva na fachada oeste; por iso ten dous campanarios. A porta de entrada ten forma de arco de medio punto cunha cruz central de releve. Sobre o dintel ten un pequeño rosetón duns 0,3 m. de diámetro labrado nunha soa peza.
Ten tres corpos en forma de radio que teóricamente xiran ó redor do mesmo eixe. Este é un símbolo celta coñecido como “trisquel” usado por los Druídas (autoridade relixiosa celta) coa crenza de que as tres espirais manifestaban a enerxía divina, así como os tres elementos en equilibrio como a auga, a terra e o aire; o corpo, a alma ou o espíritu, traspasados máis tarde á trinidade cristián como Pai, Fillo e Espíritu Santo. Máis arriba existe un ventanuco que reúne certas características astronómicas: está colocado de tal forma que os últimos raios do sol no solsticio de verán, que coincide sobre o 21 de Xuño, festa de San Xoán, atravésana para proxéctarse sobre o sagrario.
Todas estas crenzas populares fixeron deste lugar un multitudinario atractivo relixioso e curativo. A veciña Manuela de Pais (q.e.d.) contoume que sobre o lintel da porta lateral do norte da ermida existía unha estrela de David grabada, semellante á do lugar de Figueiroa, e sobre o ano 1915 o cura D. Ramón Fernández Porto mandou borrala.
![Puerta principal de entrada da Ermida das Neves-Buxantes-Dumbria]()
Porta principal de entrada da Ermida das Neves-Buxantes-Dumbria
Este lugar, tan concorrido no pasado, ten un grande problema pola falta de espazo, motivado pola concentración parcelaria. Salvo o recinto amurallado e un trozo do lateral norte doado por un veciño, o demáis é propiedade privada. Non se concibe que A Fonte Santa, orixe deste Santuario esté dentro dunha propiedade privada. A historia desta Ermida está publicada nunha revista do ano 2013, coñecida como “Santuario das Neves”.