Martes. 14.05.2024
El tiempo

O Piragüismo Dumbría volve con dúas medallas demasiado custosas de Tomiño

O Piragüismo Dumbría volve con dúas medallas demasiado custosas de Tomiño
A piragüista dumbriesa Kiara Martinez competindo en Tomiño

Desprazábase o CDM Piragüismo de Dumbría ata Tomiño, á Copa Galega de Eslalon. E malia que Kiara Martínez gañou na categoría Infantil, e Lorena Costa subiu ó podium na categoría alevín, a competición debería terse aprazado polo mal tempo. Sobre todo a viaxe de ida e volta, con fortes rachas de vento que abaneaban a furgoneta, así coma fortes trombas de auga que caseque impedían ver por donde se circulaba. Un risco imnecesario que de repetirse a expedición dumbriesa xa sabe que non viaxará.

Así e todo, ó final fixo un tempo estupendo, con algún que outro chaparrón aillado, e un río cun caudal moi alto, pero ideal para competir dadas pequenas dimensións do Rio da Pedra.
Mesmo así o CDM Piragüismo Dumbría desplazou un grupiño moi pequeno de rapaces o mesmo que fixeron os demais clubes, e algúns incluso nin acudiron apelando a o principio de prudencia que nestes casos debería prevalecer. A competición foi moi xeitosiña (o parque do Río da Pedra é dos escenarios máis bonitos do circuito galego de piragüismo) con moi pouquiño público debido á climatoloxía que non invitaba a sair de casa, pero onde un chocolate quente servido pola organización axudou a que o frío non entrase no corpo.

Kiara Martínez arrancou bastante nervosa, sabese gañadora, pero iso hai que demostralo no río. Os nervos de competir na casa da súa principal rival e amiga, Clara Martinez do CDM Teixugos fixeronse patentes na súa primeira manga, plagada de penalizacións que a situaron a apenas un segundo do mellor tempo. Na segunda manga muito máis centrada no que tiña que facer, o bordou, logrando o primeiro exito da tempada.

Kiara Martinezx no podio en Tomino

En canto a berdeogesa Lorena Costa, poderíamos falar de a historia ó reves. Lorena fixo unha excelente primeira manga, que a levou a liderar a competición, pero os nervos a traicionaron na segunda manga, e fixeron que perdese dúas posicións no podium. Hai que recoñecer que o Río da Pedra é un rio cun trazado moi peculiar, e cando hai nervos se pagan máis que noutros percursos.

Lorena Costa terceira en Tomino

Por último, Fran competiu atenazado polos nervos da primeira presa, onde incluso se perdeu na porta anterior o salto. Fran é moi cativiño, e realmente se portou coma un valente. Pola presa pasaba moita auga, i era normal que sentira medo. Un quinto posto que non fai xustiza o bén que sabe remár o olveirán.

En definitiva, unha saida proveitosa en canto a resultados deportivas, pero totalmente innecesaria. Probablemente na vindeira ocasión nestas circunstancias non se desplazarán a competir.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios