O rescate na Fernveza iluminada, o susto de Semana Santa


Menudo susto. A Semana Santa costeira tivo a mirada varias horas durante a tarde e noite do sábado na fervenza do Ézaro. E non só pola fermosa iluminación nocturna, que de feito se tivo que prolongar ata as case 4 da mañá. I é que un grupo de mozos que practicamen barranquismo, quedaban atrapados nas últimas pozas antes de descender a cascada, e o medo e a tensión protagonizaron os momentos.
Eran as 16:00h cando 22 mozos comezaban a súa actividade de barranquismo polas pozas do río Xallas. Baixaron o último quilómetro do río, pero como para moitos era a primeira vez, a actividade retrasouse máis do debido. Deron as 22:00h da noite, e as 23:00h, e a iluminación nocturna dunha fervenza ateigada de visitantes, deixaba aos barranquistas atrapados na escuridade. A unha das rapazas enganchábaselle o pelo nun mosquetón e o pánico cundía.
Os organizadores tiveron que poñerse en contacto con Protección Civil e os Bomebiros e estes coa empresa Ferroatlántica para que mantiverta activada a iluminación para poder proceder ao rescate. Non foi sinxelo, pois os que quedaban por baixar estaban asolagados polo medo, polo que o rescate se tiña que facer pola parte norte da fervenza. Corrían as 2:00h cando os mozos xa descansaban a pé da fervenza cun bocata que lles traía o Concello.
”Rozamos a traxedia”, consideran dende a Asocación Monte Pindo Parque Natural, que aproveitaron para pedir precaución nas subidas ao Olimpo Celta igualmente, despois de comprobar o perigo que entraña as subidas sen guías.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- La Voz de Galicia.