Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O sector turístico analiza o Xeodestino Costa da Morte nunha xornada do GDR

O sector turístico analiza o Xeodestino Costa da Morte nunha xornada do GDR
Xornadas Turisticas do GDR Costa da Morte O próximo 5 de setembro, o local municipal de O Ézaro - Bitácora acolle a partir das 09:30 horas unha nova xornada organizada pola asociación Costa da Morte – GDR - enfocadas ao desenvolvemento territorial e o emprego que se pode xerar. Nesta última xornada, que leva por título "Xeodestino Costa da Morte. Presente e futuro", distintos expertos poñerán en valor os distintos recursos e oportunidades que hai no territorio en materia de turismo. Os obxectivos desta xornada é informar sobre as potencialidades do territorio; promocionar os recursos do territorio; ilusionar e motivar o desenvolvemento de actividades no territorio, amosar o que fan en outros lugares a través das visitas programadas; optimizar as accións de comunicación e mostrar as axudas que hai para sacar adiante os proxectos. Programa A xornada arranca ás 09:30 horas coa benvida e introdución da man de José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría; e Manuel Muíño, presidente do GDR Costa da Morte. A continuación, seguirá Juan José Blanco Riveiro, presidente da CMAT, co relatorio "Artellando o Xeodestino Costa da Morte. O papel da CMAT. Proxectos". Ás 10:30 horas comezará un panel expositivo no que estarán representados entes como Turismo de Galicia, a Deputación de A Coruña e o GDR. Tras un breve descanso e degustación de productos da zona, a xornada continuará cunha mesa redonda que leva por título "Axentes implicados na atención turística. Roles e puntos fortes para unha estratexia de desenvolvemento do turismo na Costa da Morte". A encargada de moderala será Dolores Pena Pena, presidenta de Aprodel e ADL do concello de Carnota e falarase sobre "O novo parador de turismo de Muxía", con Julio Castro Marcote, director do Parador de Turismo de Santiago; "O papel dos concellos", con José Marcote Suárez, alcalde de Fisterra; "Aprodel. A visión dos/as profesionais de desenvolvemento local", con Rosa María Sánchez Martínez, Axente de Desenvolvemento Local no concello de Vimianzo; "Persoal técnico de atención ao turista nas oficinas e museos", con Maite Parga Ures, técnica da Oficina de Información Turística do concello de Carballo; "Os guías de turismo", con Iria Caamaño Franco, representante da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia; e sobre "A visión do empresariado", con Jesús Ángel Picallo Santos, presidente da asociación Solpor. Ao remate, haberá un coloquio cos relatores. A asistencia é gratuita e é necesaria confirmala previamente no 981 71 73 58. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/o-gdr-une-ao-sector-turistico-da-costa-da-morte-para-reflexionar-sobre-o-noso-xeodestino/

Fonte    

Comentarios