O teatro e a maxia volven invadir as parroquias de Dumbría

10:10 27/04/11

O Concello de Dumbría, tal e como vén sendo habitual nos últimos anos, ten programado un circuito de teatro e maxia para esta primavera. Os espectáculos percorrerán as diferentes casas culturais do concello nas datas e horarios especificadas no cartel que se axunta.
Programa
- Sábado 30 de abril, 18:00h en Olveira: "Pelos na Lingua" de Talía Teatro.
- Sábado 7 de maio, 20:30h en Ézaro: "Xoo... ante o perigo", de Badius Teatro.
- Sábado 14 de maio, 20:00h en Dumbría, no Novo Conco: "Mago Marttyn".
- Sábado 28 de maio, 20:30h en Buxantes: Mago Danny García.
- Sábado 4 de xuño, 20:30h en Berdeogas: "Non todos os ladróns veñen por mal", de O Aturuxo de Melpémone.
Novas relacionadas
- Premios María Casares: Os dous mellores actores secundarios de Galicia son da Costa.
- Talía Teatro non ten “Pelos na lingua”.
Fonte
- Concello de Dumbría.