Mércores. 08.12.2021
El tiempo

O Turismo dumbriés medrou un 500% nos últimos 5 anos

O Turismo dumbriés medrou un 500% nos últimos 5 anos
Turismo Dumbria medra 500 en 5 anos

As cifras falan soas. As cifras de visitantes na Oficina de Turismo do Ézaro ratifican o que todos levamos vendo. Entre 2012 e 2016, houbo un incremento do 488% no número de visitantes que solicitaron información no Ézaro.

Parece que a aposta polo deporte de alto nivel está dando resultados, convertindo o propio deporte e polo tanto, o sector turístico, nun verdadeiro motor económico. O paso de La Vuelta en 2012 foi sen dúbida o gran punto de inflexión, pero dende aquela, numerosos torneos de volei, pesca… convirten o Ézaro nun lugar de culto para as competicións.

O coidado das súas infraestruturas tamén é fundamental, así como a promoción da Fervenza do Ézaro ou das Rútas ao Monte Pindo, son programas que tamén inflúen na percepción do turista. A propia técnica turística do Concello, Ada González, dábanos as claves deste incremento o ano pasado.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios