A Pasarela da Fervenza do Ézaro supera a proba de carga e está case lista para abrir
Esta semana pasou, con éxito a proba de carga a nova Pasarela do Ézaro. Un proxecto ambicioso de máis de 650.000€ que arrincaba o pasado mes de abril de 2019, e que xa albisca o seu remate.
Esta semana o Concello vai recepcionar a obra, e vai intentar que quede aberta canto antes. “É un servizo e como tal cando primeiro poñamos en marcha moito mellor”, explica o alcalde José Manuel Pequeño, “pero non a inauguraremos ata que remate o período electoral”. “É unha de importancia, de moito investimento, que facilita o acceso a xentes con problemas de mobilidade, nunha zona industrial, polo que si queremos darlle a importancia que merece. De feito, consideramos que debería de país ser un proxecto asumido polo goberno da Xunta, porque é como se o Concello de Dumbría tivese que facer a parte da Autopista que pasa polo seu Concello…” reflexiona Pequeño sobre a importancia de acondicionar os accesos a un recurso turístico tan importante para Galicia como a Cascada do Ézaro.
O alcalde quixo parabenizar ao enxeñeiro, Antonio González Serrano, toda unha eminencia na materia de pasarelas, “que foi capaz de facer o proxecto dunha instalación con deseño, moi integrada co entorno, e de gran calidade”.
Foto: Jorge Castro
A pérgola
Ao mesmo tempo, continúan as obras da pérgola, outra importante obra na zona da fervenza de 405.490 euros de orzamento. A día de hoxe están traballando ca cimentación, mentres en taller preparando a estrutura metálica. Antes do verán esperan tela lista (o prazo debería ser de 3 meses e comezaban a mediados de xaneiro), pero aínda non se farán as concesións das 8 casetas, que este verán se utilizarán como soporte para as diferentes propostas turísticas da zona.
NOVAS RELACIONADAS
- Xaneiro 2020: Comezan as obras da pérgola na entrada á fervenza do Ézaro.
- Dumbría 2020: Así lucirá a nova pasarela do Ézaro.
- Outubro 19: A varanda da fervenza Ézaro xa ten outra imaxe.
- Outubro 19: A pasarela do Ézaro colle forma:
- 31-08-19: Como avanzan obras da pasarela do Ézaro.
- 07-08-19: Aceleran as obras da pasarela da Fervenza do Ézaro para deixar o acceso aberto pola Xunqueira.
- 27-06-19: Novos peches ao tráfico rodado na Fervenza do Ézaro.
- 11-06-19: As obras da pasarela do Ézaro alongaranse ata final de ano.
- Maio 19: A nova pérgola da Fervenza do Ézaro xa ten orzamento.
- Abril 19: As obras da pasarela de acceso á Fervenza do Ézaro en marcha.
- Decembro 18: Dumbría mellorará os accesos e incluirá unha pérgola como zona de ocio nas inmediacións da Fervenza do Ézaro