Red Eléctrica renovará as luces ornamentais de acceso Fervenza do Ézaro
10:27 11/08/20
Xa sabedes que este verán, como medida de prevención, a Fervenza do Ézaro fica sen iluminación nocturna. “O primeiro é a saúde e hai que facer todo o posible por evitar aglomeracións”, valoran dende o Concello. Pero xa pensan na Semana Santa e no verán que vén, pois este luns 10 de agosto veñen de firmar o convenio con Red Eléctrica de España para a renovación de proxectores da iluminación ornamental do acceso á Fervenza do Ézaro.
A instalación destes novos proxectores de tecnoloxía LED, o que suporá unha mellora na eficiencia enerxética, dado que o seu consumo enerxético será moi inferior aos actuais, rondando o 57% de aforro anual.