Un sinfín de xogos para a Festa da Praia do Ézaro

09:12 01/08/24
Xa está aquí a gran Festa da Praia do Ézaro 2024, organizada polo Concello de Dumbría. Estes sábado 3 e domingo 4 de agosto, o areal dumbriés encherase de actividades para toda a familia.
Un sinfín de xogos, obradoiros, carreiras de obstáculos (OCR), con música para todas as idades, con Tanto Nos Ten (música tradicional), Paty Lesta & The Hits (versións de grandes artistas do panorama nacional e internacional de todos os tempos) e Cantando con Pinocho (público familiar). Ollo ao esperado baile do cañoto!
E o domingo Gran Sardiñada popular!!! coa actuación pola tarde da orquestra Galilea.