Luns. 29.04.2024
El tiempo

Dumbría confírmase como capital estatal de volei

Seleccion Espanola sub18 no Conco 33
Dumbría confírmase como capital estatal de volei

Coa resaca doce do traballo ben feito, a familia do Concello de Dumbría e do Volei Dumbría recolle hoxe luns, 15 de abril de 2024, o pavillón do Conco trala celebración do PreEuropeo sub18 de Volei. Pode que sexa a primeira proba de seleccións internacionais que acolle a Costa da Morte, noutra demostración desa aposta municipal por convertir as probas deportivas de alto nivel en foco de atracción turística e en motor económico para toda a comarca.

Por que foron unhas 2.500-3.000 persoas as que pasaron polo impresionante Pavillón do Conco durante as tres xornadas do campionato (o venres 3/4 de entrada e sábado e domingo cheo), entre as que houbo moita xente da comarca, pero tamén moitas familias tanto da Selección Española, como dos combinados de Alemaña, Países Baixos e algo menos de Ucraína. Xentes que quedaron encantadas coa Costa da Morte, tanto co bo desenvolvemento da proba deportiva, como das marabillas dunha contorna incrible.

Mentres uns invirten esforzos en feiras como Fitur, outros dedícanse a traer xente en temporada baixa a través do deporte de alta competición. “Cremos que esto é unha promoción da zona impecable”, relata César Ferrío, presidente do club e técnico municipal. “Encher a zona con xente de fóra unha fin de semana de temporada baixa, e que sabemos que van volver”, apunta en relación ás familias holandesas ou alemanas que quedaron encantadas coas casas rurais alugadas, restaurantes, saídas…

Seleccion Espanola sub18 no Conco 2
O combinado galego coa comitiva institucional comandada polo alcalde Raúl González

Tanto o club como o Concello agradecen o apoio das administracións (estiveron presentes o presidente da Deputación Valentín Gonzáñez Formoso, o deputado de Deportes, Antonio Leira ou a subdelegada do goberno María Rivas) e esperan que vexan que na comarca organizamos “eventos de alto nivel, e os facemos ben. Esperemos que vexan que destas cousas se beneficia toda a comarca”. Así, avisa que “isto non queda aquí”, e mentres recollen xa están argllando novas ideas arredor de deportes como o piragüismo (pendentes desa atascada Canle de Augas Bravas), o ciclismo (ollo co Fondo Ézaro), o volei praia (os campionatos galegos e estatais no Ézaro do verán) ou do propio volei. “Cando fixemos a Copa Príncipe, xa dicíamos que era imposible superar isto. Xa o superamos. E agora isto podémolo superar”, sinala Ferrío, que conta que a propia Federación recoñeceu que poucos eventos tiñan realizado coma este e que non é imposible pensar en que Dumbría acolla eventos aínda máis importantes ca este.

MOTOR ECONÓMICO

Precisamente, o club e o Concello queren agradecer o bo facer dos aloxamentos nos que se instalaron as expedicións estes días. Os os mini RedLynxes como se lles coñece á Selección Española, pasaron 8 días no Hotel La Marina de Cee. Ademais, a comitiva federativa e arbitral estivo no Hotel Insua e as Seleccións de Alemaña, Países Baixos e Ucraína estiveron aloxadas nos hoteis La Marina, As Eiras e Catro Perras. “É importante que todo o mundo responda e só podemos agradecer o seu traballo. Un 10 no trato, nas comidas… Gracias a iso tamén é posible saber que moitas destas persoas vaian volver como turistas á nosa comarca”.

No Deportivo

Seleccion Espanola sub18 no Conco

Inmellorable a posta en escea por parte do Conco. Nun fermoso pavillón, cheo ata arriba, coa afeccións animando aos seus en todo momento, pero dende o máximo respecto, todo funcionou á perfeccción gracias ás máis de 25 persoas implicadas como voluntarias por parte da organización, entre as que hai que destacar esas xuventudes das categorías inferiores do club portando as bandeiras cos himnos.

E inmellorable foi a participación da Selección Española no campionato. 3 vitorias por 3-0 en 3 partidos para os MiniRedLynxes, que lles permiten certificar o seu primeiro posto de grupoe o pase á máxima cita continental, que terá lugar en Bulgaria do 10 ao 21 de xullo.

O campionato serviu ademais de porta de entrada para moitos afeccionados. “Houbo moita xente que nunca vira un partido de volei, e quedou flipado, e volveu o domingo! E seguro que moitos se enganchan para vir ver o Volei na SuperLiga2”, lembrando que Dumbría ten un equipo na segunda máxima categoría do volei estatal, un fito histórico para a nosa comarca.

Iago e Thiago, grandes protagonistas

Seleccion Espanola sub18 no Conco 12
Iago Larrañaga en primeira instancia co combinado

Especial era a participación de Iago Larrañaga (Dumbría) e Thiago Fernández (Corcubión) co combinando vermello. Iago, criado no CEIP de Dumbría, e Thiago tamén foron protagonistas na pista. E isto non era un amistoso, e de feito, ao longo da concentración dous membros da experición tiveron que marchar para casa porque só podían xogar 14 dos 16 convocados para a preconcentración.

Nos dous primeiros partidos os costeiros xogaron algún minuto, pero a súa boa participación foi invitando ao adestrador Fredison Mosquera a darlles máis minutos. O domingo, de feito, os dous xa foron titulares e o pavillón case caía abaixo cada vez que tocaban o balón.

Dende o club envían un momento de alento ao xogador ucraíno que saíu en ambulancia lesionado ao longo da fin de semana, no único momento tenso de todo o torneo. Con todo, felicitan a Ucraína pola súa clasificación ao Europeo, e valoran o compromiso da nosa sociedade, que se emocionaba cada vez que o himno ucraíno soaba no pavillón, facendo saltar bágoas dos asistentes.

En VoleyTV

Podedes ver os partidos en VoleiTV. Se ben os tres partidos de España foron espectaculares, o de Alemaña foi o máis moi igualado:

Agora, coa resaca do traballo ben feito, xa pensan nalgo aínda máis potente.

Máis novas

Comentarios