Talía Teatro amenizará o Nadal dumbriés
 
          
    08:12 21/12/10 
            
Ó longo do período navideño os máis pequenos poderán achegarse ás casas de cultura do Concello de Dumbría, onde haberá talleres de confección de postais e manualidades para a decoración da árbore de nadal.
Ademais o luns, 27 de decembro, terá lugar nas instalacións deportivas e culturais do Novo Conco unha festa infantil na que haberá xogos, música, .... Un servizo de autobuses percorrerá as parroquias para recoller ós nenos/as. A festa durará dende as 11.00 ata as 17.00 horas.
Ás 15.30 horas no albergue do Conco terá lugar a actuación de Talía Teatro coa súa nova obra "Carta Urxente para Máximo Toxo", na que a entrada será libre e gratuíta.
 
       
       
             
         
           
          