![teatro-outono-dumbria-2010]()
Como cada ano, o Concello de Dumbría organiza un Ciclo de Teatro de Outono. Ciclo que percorre as parroquias do Concello visitando os centros culturais de Olveira, Buxantes, Berdeogas, Dumbría e O Ézaro.
O ciclo dá comezo este
domingo 14 de novembro no Centro Cultural de
Olveira, onde Caramuxo Teatro representará a súa obra "Os Bolechas", a partir das 18:00h.
Continuará en
Buxantes o vindeiro
sábado 20 de novembro con unha obra de Talía Teatro a partir das 19:00h.
O
domingo 28 de novembro toca en
Berdeogas, onde Ditea Teatro amosará a súa obra "Aquí cheira a morte", dende as 19:00h.
Para o
sábado 4 de decembro o ciclo trasládase a
Dumbría, onde Caramuxo Teatro volve con "Mensaxe nunha botella". Esta comezará ás 18:00h.
E o ciclo péchase no
Ézaro o
sábado 11 de decembro. Candelexas trae a súa obra "
Hotelris@humor.comEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ". Esta será ás 19:00h.
Fonte
- Nota de prensa do Departameto de Cultura do Concello de Dumbría.