Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Trasladan a unha persoa despois dun incendio na súa vivenda en Carballo

Trasladan a unha persoa despois dun incendio na súa vivenda en Carballo

Unha persoa tivo que ser trasladada por inhalación de fume ao Punto de Atención Continuada de Carballo despois de producirse un incendio nunha vivenda da Brea. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, un matrimonio e a súa filla quedaron atrapados no interior da casa tras declararse o lume e foron rescatados pola Policía Local.

O incendio, que se rexistrou arredor das 16:00h da tarde do venres na terraza cuberta da vivenda, calcinou varios electrodomésticos e unha lareira que había na estancia. Acodían os Bombeiros de Carballo, que procedían a extinguilo incendio, da Garda Civil, de Protección Civil e do 061-Urxencias Sanitarias.
Unha vez na vivenda, os servizos de emerxencias sufocaron o lume e arrefriaron a zona afectada.

Accidente e caída de árbore en Dumbía

Pasaba xa da media noite do venres ao sábado 2 de decembro cando se rexistraba unha saída de vía dun vehículo no Ézaro. A vítima puido saír e foi para trasladaa ao hospital de Cee.

Antes, durante a tarde do venres, os Bombeiros tivero quen que retirar unha árbore que cortaba a estrada CP3402 a cen metros do cruce entre Bustelo e Salgueiros, tamén en Dumbría.

Fonte

  • Redacción de QPC.

Comentarios