Un magosto de conto en Dumbría


Novas actividades dirixidas a público infantil que artella o Concello de Dumbría. Unha será un magosto e outra unha serie de contacontos que irán polas parroquias, e que xa está en marcha.
Durante esta semana os Contacontos están a invadir de lectura as bibilotecas do Concello. Se onte estiveron no Ézaro e antonte en Dumbría, hoxe mércores achegaranse ás 17:00h a Berdeogas, o xoves a Buxantes e o venres a Olveira.
Pero ademais, unha das citas máis especiais serán este sánbado 3 de decembro co Magosto Infantil. As instalacións do Conco, en Dumbría, acollerán a festa de 16 a 18 horas.
Haberá castañas, xogos e música; esta última da man dun concerto didáctico ofrecido por SON+D2.
Un servizo de autobuses pasará polas parroquias a recoller ós participantes.
- Inscrición: entregar autorización nas Casas Culturais ou no Concello antes do 30 de novembro.
Novas relacionadas
- 120 alumnos de entre 3 e 80 anos aprenden informática en Dumbría.
- Dumbría coida o Camiño.
- Debate, territorio, tradición oral, fauna, xeoloxía e roteiros no II Simposium Monte Pindo.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Dumbría.