Varios accidentes colapsan a comarcal AC-552 ao seu paso por Dumbría

13:39 03/12/10
Incomunicados. Así quedamos na Costa da Morte cando o tempo ponse de malas.
Se onte sucedéronse de varios accidentes ao longo da mañá, hoxe as estradas continúan sendo un verdadeiro perigo. Esta mañá foron moitos os coches que non puideron atravesar o concello de Dumbría pola estrada comarcal AC-552 (esa que a Xunta vai parchear).
A altura do cruce de Dumbría, o xeo cubría a estrada e de as 6:00h da mañá os accidentes foronse repetindo. Ata ás 7:00h non apareceu o vehículo de conservación de carretera, pero non parou na zona. A Garda Civil presentouse arredor das 9:00h da mañá para cubrir con sal á estrada e permitir a circulación.
A estrada estivo bloqueada un tempo. As detencións foron continuas, varios coches, un autobús escolar e ata un camión de reparto sufriron pequenos accidentes. E mesmo unha ambulancia tivo que recoller a unha persoa con síntomas de infarto.
Estes accidentes provocaron ata 5km de retencións, pero semella que conforme pasan as horas os problemas estanse reducindo.
Accidentes en toda a bisbarra
Os accidentes están sendo unha constante na mañá costeira. 112 Galicia apunta máis dunha docena en toda a zona: Zas, Corcubión e outros puntos da bisbarra. Por exemplo, 4 coches e un camión tamén sufriron sendos accidentes na mesma estrada á saída de Corcubión cara Fisterra, nunha curva perigosa que hai subindo cara o Vilar.Accidente en primeira persoa
O propio Xusto Gómez cóntanos en primeira persoa como sufríu o accidente cando marchaba cara o traballo esta mesma mañá: Ás 6:00h da mañá baixaba a modo cara Dumbría vindo de Fisterra. Vin luces e un home facéndome siñais e de seguido xa empecei a patinar. O home caeu na estrada e tíveno que esquivar. Había varios coches accidentados e un camión do outro lado. Parei, saltei do coche e vestín o chaleco, chamei o 112 e despois puxénme a avisar os condutores que viñan dende Coruña. Pararon varios, outros querían seguir pero ao chegar a ponte, quedaron atravesados na carretera. O peor é que as 7:00h da mañan pasou o de conservación de carretera, non parou e metíose por unha pista evitándonos, non vin a nadie. Ás 8:30hfun tomar café a Dumbría, escorríase na estrada. Agardei ata que as 10:00h e chegaron as autoridades a por sal (vese nas fotos) e xa poidemos ir volvendo pouco a pouco.Novas relacionadas
- Varios accidentes nas estradas da bisbarra.
- As obras de mellora da AC-552 non estarán listas ata o cuarto trimestre do 2011.
- Un home falece ao caer ao mar no seu vehículo.
- Máis imaxes do mar salvaxe na Costa da Morte durante o temporal.
Máis novas
- Estudio do Centro Fonteboa: Na Costa da Morte chove máis dun tercio dos días.
- Carnota ten unha estación metereolóxica de Meteogalicia.
- Ciencia e Tecnoloxía, con Mario Rodríguez Gómez: “Cicloxénese explosiva”.
Fonte
- Información e fotos de Xusto Gómez.