Martes. 16.04.2024
El tiempo

As obras de mellora da AC-552 non estarán listas ata o cuarto trimestre do 2011

As obras de mellora da AC-552 non estarán listas ata o cuarto trimestre do 2011
Anuncia hoxe a Xunta de Galicia, xusto despois dunha petición da oposición e cando xa tiveron lugar varios accidentes nas estradas da bisbarra, un investimento de 12 millóns de euros para estrada comarcal AC-552 que une A Coruña e Cee, investimento anunciado xa o pasado mes de marzo. Unhas obras necesarias, en tanto que a Autovía vai tardar, e moito. A Xunta informa que as actuacións nos concellos de Carballo e Dumbría xa están iniciadas e que as do tramo 55+000-69+000 comezarán nos vindeiros días. Apunta ademais que no núcleo de San Roque de Coristanco, a Xunta comezará as obras en breve o tramo de accidentes no concretamente entre o 35+900 ata o 36+900. Unhas obras que como dicimos, foron licitadas en marzo e adxudicadas en setembro de 2010, polo que estarán previsiblemente rematada no cuarto trimestre do ano 2011. Segundo os datos dos quilómetros que a Xunta vai arranxar, notamos que o cruce da estrada de Santiago dende Berdeogas, no km.79 ao carón da estación de servizo, vai ser arranxado, logo de térense rematado as obras sen solventar todas as fochancas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de MATI.

Comentarios