Venres. 29.03.2024
El tiempo

Concello e Asociacións presentan un Entroido de orellas, Urdangarines e Duquesas en Carnota

Concello e Asociacións presentan un Entroido de orellas, Urdangarines e Duquesas en Carnota

Os departamentos de Cultura e Deportes do Concello de Carnota presenta a programación de Entroido 2012. Unha programación completa que chega da man do Concello pero tamén das Asociación Cultural Canle de Lira, ACDR Pedramar do Pindo, ACDR O Patín e mais a AAVV Insua de Lariño. Así, unha das citas fortes será o entroido vikindo do Pindo, pero hai outras ben simpaticas.

Unha das citas obrogatorias será o Concurso de Orellas, mediante o Concello quere facer partícipe ós adultos da tradición galega de cociñar orellas no entroido. O ano pasado tocou de filloas e agora van probar co de orellas. A ver que tal saen...
Cada participante debe entregar ó redor de 50 orellas nun prato de plástico ou de papel (de usar e tirar) no pavillón de Carnota, o propio venres 17 entre as 15:30 e as 16:30 da tarde. Alí haberá algunha persoa para recollelas, apuntar os datos e ilas colocando. Un profesional da restauración e os votos do xurado darán ó gañador/a do concurso, ó cal se lle obsequiará cunha placa “Ás mellores orellas de Carnota”.

Cita a cita

Así, as citas carnavaleiras comezan o venres 17 de febreiro no Pavillón de Carnota (detrás do Concello), de 17:30 h a 20:00 h: coa Festa infantil e concurso de orellas. Haberá degustación de orellas para tódolos asistentes, e tamén un desfile de disfraces (mesmo ata a carretera se o tempo o permite) para premiar ós máis orixinais (adultos e nenos/as) e a súa posta en escea (individual e colectivo, ata 10 participantes).

Para o sábado 18 de febreiro, e en Carnota ás 12:00h, a asociación O Patín fará chegar a Urdangarín e á Infanta Cristina a percorrer as rúas de Carnota ¿Traerán a presenza do seu avogado?
De contado, en Lira ás 16:00, a asociación Canle coa colaboración de Xurde, traerán á Duquesa de Alba de de pasarrúas para recibir no porto á Familia Real Inglesa.
Entrementres en Lariño ás 16:00, a asociación Insua celebra unha festa de entroido no centro social “Xosé de Torea”, con concursos de orellas e de disfraces incluidos.
E como cita cumio, no Pindo ás 17:30h, a asociación Pedramar organiza un desfile de Celtas e Vikingos, e á noite laconada nunha carpa na Solaina.

O domingo 19, comeza ás 17:30 no Pindo co concurso de disfraces e o enterro de Facundo que artella a asociación Pedramar.

A semana chega cargada de actividades para nenos.

  • Luns 20, 11:00 -13:00 h, Biblioteca: Obradoiro “O Entroido tradicional en Carnota”. Para este obradoiro os rapaces deben traer roupas vellas, accesorios varios e calquer cousa que serva para disfrazarse coma nos tempos de antes. Tamén animamos a pais e avós a participar para contar as súas experiencias nos entroidos.
  • Martes 21, 11:30-13:30 h, no Concello: Obradoiro de máscaras, a cargo da empresa Multijarana.
    En Caldebarcos ás 16:00, Canle e Xurde volverán traer á Duquesa de Alba e a Familia Real Inglesa polas rúas do lugar.
  • Mércores 22, 18:00 -19:30 h, no salón de actos do Concello: Proxección da película “RIO”, ambientada na cidade de Río de Janeiro no Entroido.

* Non haberá actividades na escola de música, informática e nas escolas deportivas os días luns 20, martes 21 e mércores 22 de febreiro, retomando os horarios habituais o xoves día 23.

Outros entroidos da Costa

Fonte

Comentarios