Venres. 03.05.2024
El tiempo

1 millón de euros para a ampliación do CEIP Mar de Fóra

CEIP Mar de Fora Fisterra visita institucional
1 millón de euros para a ampliación do CEIP Mar de Fóra

Visita institucional hoxe no CEIP Mar de Fóra de Fisterra, para anunciar un investimento de case un millón de euros para levar a cabo ampliación para contar cun espazo destinado a ximnasio. Para iso, proxéctase unha edificación en planta baixa, exenta do edificio principal, conectada ao edificio principal mediante unha pasarela cuberta que se conectará co soportal. A nova edificación dispoñerá dunha volumetría comedida e duns materiais acordes coa contorna. Neste sentido, a cuberta integrarase coas cubertas actuais do centro e da contorna construída, en tella vermella, mediante un panel sándwich.

A actuación tamén contempla no edificio principal a reforma dos vestiarios situados na planta baixa. Para iso, sumarase á superficie dos vestiarios existentes o espazo ocupado polo almacén e a ANPA, practicamente en desuso.

Ademais, levarase a cabo a substitución das carpinterías exteriores, a substitución da cuberta de policarbonato dos soportais, a construción dunha rampla accesible que conecte os dous niveis da parcela e a substitución do peche de parcela que dá á rúa Alcalde Fernández. O prazo de execución das obras é de 9 meses.

Obras centros educativos Bergantiños-Costa Morte

Esta nova intervención súmanse ás que o Goberno galego está executando en toda a comarca. Concretamente, a Xunta de Galicia está a investir case 4,7 millóns de euros en 31 actuacións que inclúen 13  grandes obras en Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Coristanco, A Laracha, Laxe, Ponteceso e Fisterra, a instalación de placas fotovoltaicas en centros educativos de Carballo e Cee e  17 obras menores en 13 colexios e institutos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte.

Comentarios