O BNG leva ao Parlamento a cesión do Faro Fisterra ao Concello e a recuperación da Vaca


Non paramos de repetilo, pero a necesidade de facer do Faro Fisterra a verdadeira porta de entrada á Costa da Morte é o paso máis necesario para a mellora da oferta turística da bisbarra. Que un dos puntos máis visitados de Galicia non conte cun punto de información turística que sirva para derivar pola resto da comarca a todos os que chegan chamados polo simbolismo da fin da terra, é unha gravísima carencia que levamos soportando demasiado tempo.
Que dicir de que esteamos promocionando como gran reclamo turístico unha Ruta dos Faros que ten todos os fatos pechados… Xa case nin pedimos que se poidan visitar os faros por un módico prezo, como se fan en outros finisterraes europeos, convertindo estes faros en atractivos turísticos propiamente ditos.
Recuperación do Faro Fisterra
Mentres, o Faro Fisterra segue en mans dunha asociación pantasma. O Concello leva tempo intentando recuperar a Concesión e agora é o BNG o que fixo unha Proposición non de lei para o seu debate en Pleno, relativa á que a Xunta de Galiza se dirixa ao Ministerio de Fomento para solicitar a cesión da xestión das salas do edificio do Faro de Fisterra ao Concello de Fisterra. Unha medida necesarias para incluír na tramitación de solicitude do Cabo de Fisterra no Selo de Patrimonio Europeo (incluído 2007 e excluído en 2014)
Tras unha visita de Olaia Rodil á comarca, compraron os pasos dados para recuperar esa catalogación como a creación dunha senda peonil ata o Faro e a cesión ao concello, a reapertura do Semáforo. Agora toca dar o paso definitivo: conseguir a concesión do Faro para convertilo nesa porta de entrada.
”A posibilidade de que o Concello de Fisterra asuma a xestión dunha parte destas instalacións pode permitir completar as iniciativas postas en marcha para poder optar con garantías á recuperación do Selo Europeo. Polo que nestes momentos resulta preciso abordar a consecución das dúas seguintes cuestións, das que se depende do Ministerio de Fomento para logralo: a revogación do convenio entre Neria e a Autoridade Portuaria que permita estabelecer un novo convenio co Concello de Fisterra e a recuperación do nautófono ou sinal acústico coñecido coma “Vaca do Faro” coma valor patrimonial inmaterial de Fisterra, e establecemento dun protocolo entre a Autoridade Portuaria e o Concello de Fisterra para a activación e uso do mesmo con fins turísticos”.

A Vaca
Ademais, o grupo do BNG quere recuperar aquela forte campaña de 2015 Para que a Vaca de Fisterra volva bruar, que recupere o uso do nautófono denominado “Vaca do Faro”.
Dende Fisterra xa están preparando a viaxe para acodir como público a ese pleno do Parlamento para facer que todos os parlamentarios poidan escoitar o son da Vaca.
Novas relacionadas
- Abril 18: Abre en Compostela a segunda oficina de información ao peregrino sobre o Camiño Fisterra-Muxía.
- Febreiro 18: A Ruta dos Faros… pechados.
- Xaneiro 18: Ada González comparte co Obradoiro de Emprego turístico a importancia das Oficinas de Turismo.
- Setembro 17: A Oficina de Turismo de Cee comeza a traballar a última semana de agosto.
- Agosto 2017: Malpica duplicou a súa ocupación turística en agosto gracias á Oficina de Turismo.
- Marzo 17: Touriñán despide o sol a partir deste venres.
- Febreiro 17: A dimisión da comisión permanente asina o finiquito da Asociación Neria.
- Setembro 2015: Para que a Vaca de Fisterra volva bruar: “Porque Fisterra é o Finisterre máis Finisterre de todas as Fisterras”:
- 2014: Oficina de Turismo: Pechada por vacacións.
- 2012: Unha de Faros abertos e pechados.
- 2012: Os veciños de Lariño esixen saneamento e a apertura do Faro ao público.
- O de Touriñán, o Solpor de Europa.
- Para que o Faro recupere a súa voz.
- Unha de faros abertos e pechados.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).