Sábado. 27.04.2024
El tiempo

13 anos de redacción para o PXOM de Fisterra

13 anos de redacción para o PXOM de Fisterra

Seguen moitos concellos da Costa da Morte tremendamente retrasados co Plan Xeral de Ordenación Municipal. Un documento necesario para a ordenación dun territorio que precisa iso mesmo, orde. Desta volta é a Xunta a que informa que impulsarán a redacción do PXOM co fin de acadar a aprobación definitiva a finais do 2014. Apenas 13 anos despois do comezo da redacción.

E o din trala reunión que mantivo a secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas Díaz, co rexedor municipal, José Manuel Traba, no que fixeron un balance da tramitación realizada, así como dos vindeiros trámites.

Traba argumentou que "o proxecto estivo parado paralizado por mor da definición do trazado do Camiño de Santiago, ao seu paso por este concello", pero que xa pode retomar a redacción. I é que Cómpre recordar que é un proxecto que foi contratado en marzo de 2001, conta dun informe previo á aprobación inicial de xullo de 2007 e foi aprobado inicialmente en decembro de 2007, polo Pleno municipal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios