O DOG xa publica o PXOM de Camariñas 13 anos despois do comezo dos trámites


Pasou moito tempo e moitos trámites dende que se iniciou en febreiro do ano 2000 co contrato de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Camariñas. Unha aprobación inicial no 2009, e 3 provisionais nos últimos anos rematan hoxe, 10 de xaneiro de 2013, coa publicación no DOG do PXOM camariñán.
Como explicabamos, O Plan preve a posible construción de 1.200 vivendas máis, ata completar as 5.690, malia que hai algún asunto, como a ubicación dun depósito de residuos industrais, que non convence a certos veciños.
En todo caso, falamos dunha nova moi importante, e de hoxe en 20 días, as normas urbanísticas fixadas no 1981 modificaranse por unhas algo máis adaptadas aos novos tempos. Destacable, a cifra de que a pesar das novas casas, o 93% da superficie do concello conta con algún tipo de protección.
Máis información
Novas relacionadas
- Veciños de Camariñas protestan pola ubicación do novo depósito de residuos industriais.
- 27-12-01: A Xunta aproba defintivamente o PXOM de Camariñas con 1.200 vivendas máis.
- 13-12-12: Camariñas presenta un novo PXOM.
- 17-04-12: Segunda aprobación do PXOM de Camariñas.
- 18-04-11: O PP camariñán califica de “apresurada” a entrega do PXOM.
- 14-04-11: O alcalde de Camariñas entrega o PXOM á Xunta.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).