Venres. 26.04.2024
El tiempo

Muxía avanza co PXOM

Muxía avanza co PXOM
Reunion-da-Xunta-cos-tecnicos-de-urbanismo-do-Concello-de-Muxia

O veciño do norte, Camariñas, xa ten feito os deberes, non sen 13 anos de trámites. Por iso en Muxía tamén se puxeron cunha das ordenanzas máis importantes para calquera concello do país, o PXOM, un Plan co que contan tan só 65 concellos en toda Galicia, e no que na vila da Barca xa levan traballando dende o 2003.

Así, a pasada semana, o concelleiro muxián de Urbanismo, Samuel Lago Ozón, reuníase coa secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas Díaz, para estudiar o asunto.
A secretaria trasladou a colaboración técnica da Xunta para que o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Muxía se adapte aos contidos do Plan de Ordenación do Litoral, que entrou en vigor o 24 febreiro 2011, e avanzar así no camiño para a Aprobación Definitiva do documento de planeamento urbanístico.
Ademais hai uns días o concello reuníase co secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, para dar un pulo definitivo a tramitación ambiental.

O encontro serviu para analizar varias das propostas do PXOM en relación co Plan de Ordenación do Litoral, como o trazado do acceso a modo de variante, e apoiado en tramos xa existentes, para desconxestionar os tráficos do viario principal que comunica Muxía co núcleo urbano tendo en conta o potencial turístico do municipio. Os técnicos da Xunta deixaron constancia de que a proposta que fose achegada para estudo ten que ter unhas condicións, tanto de sección como de urbanización, acordes co espazo natural.
A decisión do concello de eliminar dous solos urbanizables anteriormente propostos foi outro dos asuntos tratados.

Ademais da colaboración técnica, a Xunta tamén apoia o desenvolvemento deste proxecto urbanístico cunha axuda económica de case 140.0000 euros, para a redacción do plan xeral que se iniciou en novembro de 2003.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta de Galicia.

Comentarios