Avanza o PXOM de Cee co campo de golf en San Pedro Martir


Anda a Xunta intentando axilizar os necesarios documentos do PXOM por Galicia. Logo da aprobación do Plan de Camariñas, a Xunta mantivo tamén unha reunión en Muxía. Esta semana tocou Cee, onde A secretaria xeral de Ordenación de Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas Díaz, recibiu a Zaira Rodríguez Pérez, alcaldesa de Cee, como dicimos, para dar un impulso ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
O concello deberá agora levar a cabo varias accións para adaptar o documento de planeamento, cuxa redacción xa se iniciou en agosto de 2004, á Lei do Solo.
Un PXOM, que entre outras cousas inclúe a posible construción dun Campo de Golf e dous Hotel en San Pedro Mártir, un proxecto que xa fora presentado no 2007 e que parecía superado. O plan non preve unha zona residencial.
O próximo 7 de febreiro celebrarase unha reunión técnica para avanzar no documento de cara a envialo á Xunta para informe previo a Aprobación Inicial.
Neste encontro intentarase pechar o documento que o concello remitirá á Xunta para informe previo a Aprobación Inicial e posteriormente deberá someterse a consideración do Pleno municipal e a exposición pública por un prazo de 2 meses. Simultaneamente solicitaranse os informes sectoriais correspondentes, os cales son preceptivos e vinculantes, e se procederá a Aprobación Provisional polo Pleno Municipal co fin de remitilo á Xunta para a súa Aprobación Definitiva.
Novas relacionadas
- 2007: A construcción do campo de golf en Cee volve a estar encima da mesa .
- Un repaso poboacional á Costa da Morte.
Fonte
- Nota de prensa da Xunta.