6 comparsas farán do Entroido de Fisterra o berce da copla

Xa temos pregoeiro, pero o máis importante son as comparsas. O Entroido máis tradicional, máis auténtico, máis simpático, máis desvergonzado e con máis arte da Costa da Morte xa ten protagonsitas. Serán 6 as comparsas as que manterán viva a copla no Entroido fisterrán 2015. 3 comparsas da vila do Cristo, e outras 3 xa habituais no concurso, que coma sempre, se celebrará o martes de Entroido, o día 17. A cita, de novo no pavillón municipal, onde o tempo non será rival e ademais onde colle máis xente.

Dende casa estarán “Los niños del coro”, que trala súa fantástica estrea do ano pasado queren demostrar que a copla fisterrá ten futuro, e o farán cu espectáculo impresionante en plan “Circo do Sol”. Unha comparsa que xa anda pegando estes carteis pola vila, coa intención de animar e comezar a festexa o gran entroido.

Tamén repetirán os ”Tortugas y Peces”, actuais campións, e este ano estréase “Os da Charca”.

Os visitantes xa son habituais, e estarán “Decirconada de Gures”, “Os de Lires” cunha sorpresa e Buxantes Calidade, que recuperaban o seu Rei León para toda Galicia na visita da TVG a Vimianzo.

Estas serán as 6 comparsas que loitarán polos 1.500€ de premio á gañadora.

A previa do sábado

O venres xa haberá desfiles das comparsas polos centros de ensino, para involucrar a toda a vila. Paco Lodeiro abrirá o sábado a primeira cita, inaugurando o entroido. A partir das 18:00h arrincará o desfile das comparsas polas rúas dende a Praza da Constitución.

”O Polbo”

Paralemente estase armando un fantástico enterro do Polbo. Xa está Roberto Traba Velay, que non pode andar quieto, e unha marea de traballadores, armando unha boa para recuperar esta tradición perdida nos últimos anos. Roberto e malia súa filla Adriana, sempre protagonistas do entroido fisterrán, “santo e seña” da festa, presentarán a festa do sábado 21 de febreiro, cando terá lugar o Enterro do Polbo. äs 17:00h a comitiva fúnebre partirá do porto dirección á Praza da Constitución, onde se celebrará, a partir das 18:00h, o funeral. De aí ao porto de novo, finalizando na praza da Ribeira, onde se procederá á queima e ao enterro.

Aquí vemos o polbo, case listo, no asteleiro. Que grande este Roberto!!:

Máis novas

Entroido 2015

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Etiquetas