Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Zas volve armar un Entroido de disfraces

Zas volve armar un Entroido de disfraces
Entroido de Zas 2015

En marcha tamén o Entroido en Zas.

O venres e sábado haberá Obradoiros e xogos de entroido para os pequenos no Centro Sociocultural de Baio de 16h a 18h. Uns obradoiros que se repetirán luns e martes de 11h a 13h.

O propio sábado, a partir das 20:00h, toca o Baile-Concurso de Disfraces para maiores, no Centro Sociocultural de Zas, coa actuación do grupo “ARMONÍA”.

A cita grande será a do martes de Entroido na Praza do Concello, cunha sesión de xogos tradicionais a partir das 16:00h e un desfile e concentración á 18:30h con música, hinchables, filloas… e moita festa. E ás 19:00h no Centro Sociocultural de Zas.

Novas relacionadas

Entroido 2015

Fonte

Comentarios