Vimianzo e Baíñas disfrutarán dun doble e gran entroido


O sábado día 14 de febreiro será o día grande do entroido na capital municipal, con desfile de disfraces a partir das 16.30 horas polas rúas de Vimianzo e posterior concurso de disfraces na Praza do Concello. O sábado seguinte, día 21, a cita entroideira será en Baíñas, con desfile desde a Praza do Outeiro a partir das 19.30 horas e concurso no pavillón polideportivo. Diferentes premios para comparsas (600€ para a mellor), grupos, individuais adultos e infantís. Como novidade, no entroido de Vimianzo, haberá unha axuda para as comparsas locais que non acaden premio no concurso de 150 ou 250 € en función do número de compoñentes.
As inscricións no concurso de Vimianzo poderán facerse ata o 12 de febreiro, mentres que no de Baíñas o prazo rematará o mesmo día do entroido ás 19 horas. As bases dos dous concursos publicaranse proximamente na web municipal
Ata o día 12 poden inscribirse na biblioteca os nenos e nenas que desexan participar nas tardes de entroido en Baíñas e Vimianzo, con cancións, contacontos, elaboración de caretas, maquillaxe que se desenvolverán o xoves 12 en Baíñas e o luns 16, martes 16 mércores 17 en Vimianzo.
Novas relacionadas
- Entroido Vimianzo 2014: Desembarco pirata no Entroido de Vimianzo.
- Entroido Vimianzo 2013: Vimianzo convertiuse nun gran Circo de Entroido
Entroido 2015
- Dumbría prepara o seu certame de Comparsas dende Ardebullo.
- O Entroido de Fisterra xa ten pregoeiro.
- O Faustino e o Farruco camiñarán xuntos por primeira vez.
- Ponteceso e Corme terán unha fin de semana de Entroido de vertixe.
- A Mikaela ponse de curto.
- Unha gran cea para invitar á Mikaela ao Entroido 2015.
- Comeza o arrecendo a entroido polo Pindo e Fisterra.