Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Malpica prepara o seu entroido ca Mikaela, o Farruco, o Faustino e os Madamitos

Malpica prepara o seu entroido ca Mikaela, o Farruco, o Faustino e os Madamitos
Concursos de Entroido nos PUbs de Malpica 2015

Son os enterros os grandes protagonistas do Entroido de Malpica. Os Madamitos de Cerqueda, a Mikaela de Buño, o Farruco de Malpica e o Faustino de Malpica (que >camiñarán xuntos por primeira vez cara o lume)forman parte da vida malpicá e as asociacións, as grandes culpables de tanta troula, así o deixarán claro. Primeiro, na mesa redonda sobre o entroido histórico do municipio que abrirá o programa este sábado 7, ás 19.30 horas, na sala de xuntas da Cas do Pescador. E despois durante dúas semanas de vertixe festexeira.

Clave son a aportación das AVV Monte d´Arxa, ACD San Xulián, A.C. Raigañas, Asoc. de Amigos da Mikaela, Asoc. Profesional de Redeiras Mar da Illa e AVV de Leiloio, Asociación Cultural Malante, ANPA Ventorrillo, Asociación de Redeiras Mar da Illa, Asociación Cultural Carcaxía, A.C.D. San Xulián, A.V.C.S. O Brizo, Asociación Cultural Raigañas, Asociación de Amigos da Mikaela, Asociación de Veciños Monte D´arxa, Comisión de Festas de Cerqueda, Asociación Cabalar Os Veteranos, A. VV. de Leiloio e pubs de Malpica, para este gran entroido.

Programa do Entroido de Malpica 2015

Entroido de Malpica 2015 Programa

Venres día 13 de febreiro (Venres de Entroido)

En Malpica: Concurso de Disfraces de Entroido, a partir das 24.00 horas polos pubs da vila. Cestas de lacóns e chourizos para os mellores disfraces. As persoas participantes deberán percorrer todos os locais organizadores onde se puntuará cada disfraz. Gañarán os/as que acaden maior puntuación. Organizan os pubs: Jofra, Submarino, Leño, Brebaxe, Cornecho, O Patio e Prisma.

Sábado día 14 de febreiro (Sábado de Entroido)

En Cerqueda: Festa de Disfraces Infantil (con xogos, premios e chocolatada) a partir das 16.00 h. no Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza: A.C. Raigañas, Comisión de Festas de Cerqueda, Asociación Cabalar Os Veteranos e Asociación de Veciños Monte d ´Arxa.

En Seaia: Festa de Disfraces Infantil con inchable a partir das 16.30 h. na Casa da Cultura de Seaia. Colabora: A. C. Carcaxía.

>En Malpica: Concurso de Disfraces de Entroido, a partir das 24.00 horas polos pubs da vila. Premios en metálico para os mellores disfraces: 1º Premio 250,00 €, 2º Premio 150,00 € e 3º Premio 100,00 €. As persoas participantes deberán percorrer todos os locais organizadores onde se puntuará cada disfraz. Gañarán os/as que acaden maior puntuación. Organizan Pubs: Jofra, Submarino, Leño, Brebaxe, Cornecho, O Patio e Prisma.

Domingo día 15 de febreiro (Domingo de Entroido)

En Malpica: Desfile de Disfraces Infantil. Percorrerá a vila saíndo do Centro Cívico ás 17.00 h. e rematando na Praza Villar Amigo. Organiza: Asociación Cultural Malante. Actuación da Charanga Ruada polas rúas da vila, a partir das 17.30 horas.
Nos pubs da Vila, Orellas do pincho e outros doces do Entroido a partir das 17.00 h. Organizan pubs: Jofra, Submarino, Leño, Brebaxe, Cornecho, O Patio e Prisma.
Concurso de Comparsas do Entroido polas principais rúas da vila de Malpica a partir das 17.30 horas. Cestas de Entroido para as mellores comparsas. Entrega de premios a partir das 19.30 horas na Praza Villar Amigo. Concurso de Piñatas do Entroido na Praza Villar Amigo a partir das 18.30 horas. Entrega de Premios ás 19.00 horas. Colaboran: A. C. Malante, Asoc. Profesional de Redeiras Mar da Illa e ANPA Ventorrillo.
Baile Social de Disfraces de Maiores das 20.00 h. ás 23.00 h. no Auditorio do Centro Cívico amenizado con música en directo a cargo do dúo Nuevo Siglo.

Luns 16 de febreiro (Luns de Entroido)

En Buño, Festa de Disfraces Infantil con inchables, e chocolatada ás 16.30 h. no Pavillón Polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero. Colabora: ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.

Martes 17 de febreiro (Martes de Entroido)

En Malpica: Festa de Disfraces Infantil con inchables (rapaces/as ata 14 anos), no Pavillón Polideportivo de Malpica das 17.00 ás 20.00 horas. Colabora: ANPA Ventorrillo.
Concurso Gastronómico de Doces do Entroido, a partir das 16.00 h., no Pavillón Polideportivo de Malpica. Fallo do xurado e degustación ás 20.00 horas. Colaboran: Asoc. de Redeiras Mar da Illa e ANPA Ventorrillo.

Sábado 21 de febreiro (Sábado de Piñata)

En Buño: A Mikaela sairá ás 16.00 horas do Restaurante Canta la Rana percorrendo todos os bares e tabernas de Buño. Ás 22.00 h. queima da Mikaela e a partir das 23.00 h. actuación da orquestra PANAMÁ e remate de festa cun gran DJ, no aparcamento do Restaurante Casa Elías. Organiza: Asociación de Amigos da Mikaela.

Domingo 22 de febreiro (Domingo de Piñata)

En Cerqueda: Percorrido dos Madamitos e Ghuardineros pola parroquia acompañados da charanga local “Os Condanados”. Saída ás 15.00 h. Itinerario: Os Resios, O Ceán, Folgueira, As cortes, Cerqueda, Leduzo e as Pozacas. Organiza: A.C. Raigañas, Comisión de Festas de Cerqueda, Asociación Cabalar Os Veteranos e Asociación de Veciños Monte d ´Arxa.

En Vilanova: Festa de Disfraces Infantil con inchables e degustación de doces do Entroido a partir das 16.00 h. na Escola Unitaria de Beo. Colabora: A.V.C. S. O Brizo.

En Seaia: Cocido do Farruco e Faustino, para todos/as os/as participantes no Enterro do Farruco e o Faustino, imprescindible asistir disfrazado. No Restaurante Esqueiro a partir das 15.00 h. Inscricións no propio restaurante ou no Super MM até o xoves 19 de febreiro. Prezo: 15.00 € adultos e 10 euros os nenos. Organiza: A.C.D. San Xulian. Actuación da Charanga NBA polas rúas de Seaia, a partir das 16.30 horas.
Enterro do Farruco, sairá en procesión ás 16.30 horas do Restaurante O Esqueiro percorrendo as rúas de Seaia. Xuntarase co seu curmán o Faustino no Centro Cívico e o acompañará ata o porto. Organiza: A.C.D. San Xulián.

En Malpica: Actuación da Charanga NBA polas rúas da vila, a partir das 17.30 horas. Enterro do Faustino, que sairá do Centro Cívico ás 17.30 horas para percorrer as rúas da vila. Organiza: Asociación de Redeiras Mar da Illa.

Novas relacionads

Entroido 2015

Fonte

Comentarios