Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha mostra de Natasha Lelenco volve a abrir a Casa das Peritas

Unha mostra de Natasha Lelenco volve a abrir a Casa das Peritas
Entre os días 12 e 31 de agosto, volve a abrirse a Casa das Peritas de Fisterra - unha recén estreada galería de arte - onde se expoñerá un adianto do novo proxecto expositivo da artista moldava Natasha Lelenco, que baixo o nome “Arredor da familia e outros contos” presentará, por primeira vez, algunhas das pezas de Famulus, unha serie que indaga na idea de familia desde a pintura figurativa. Completan a mostra retallos de series anteriores e a primeira exhibición conxunta de reproducións dos Señores Importantes, proxecto expositivo que rematou o pasado mes de xuño coa queima de 9 dos orixinais “non adoptados”. A Casa das Peritas é unha casa de aldea do ano 1830 recentemente rehabilitada como vivenda e obradoiro de arte. Está situada na aldea de Mallas, no concello de Fisterra, a medio camiño entre as praias de Langosteira e do Rostro. O seu nome deriva do alcume das súas últimas habitantes, as fillas do perito que deixaron o nome co que na aldea se coñece aínda a propiedade. Tomás Lijó e Natasha Lelenco son os propietarios da vivenda e artífices do proxecto. A casa foi concibida na súa restauración como espazo público e boa parte dela está adicada ao taller onde Natasha desenvolve o seu traballo artístico a maior parte do ano e que ocasionalmente, como é agora o caso, abre as súas portas como galería de arte. Horarios A exposición poderá visitarse ata do 13 ao 31 de agosto entre as 11 e as 14 horas e as 17 e as 21 horas. A inauguración terá lugar o sábado 12 de agosto ás 20 horas. A entrada é libre. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios