A CMAT e varias entidades da Costa participan na mesa de traballo para definir o Plan de Turismo Enogastronómico de Galicia
18:17 27/06/18
Que haia unha entidade da Costa da Morte participando nunha mesa de traballo para definir o Plan de Turismo Enogastrico de Galicia que impulsa a Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia é unha boa nova para a bisbarra. É o ente turístico CMAT, chamado a ser o interlocutor coas administracións, o que facía de anfitrión nunha reunión celebrada onte en Fisterra.
Ademais, da CMAT tamén formaron parte da mesma outros grupos da zona, como a Asociacións de Mariscadoras do Río Anllos e Muxía Natural, Brigantia Viaxes, o GALP Costa da Morte, o GDR Costa da Morte e os restaurantes As Garzas e O Fragón.
Tamén estiveron como actores implicados no debate Marta Fernández, directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia e Iñaki Gaztulmendi consultor da Organización Mundial do Turismo (OMT) que leva 20 anos traballando no sector turístico, dende o ámbito da xestión de destinos turísticos, a planificación estratéxica e o desenvolvimento de proxectos.
O Plan trata de aproveitar o potencial que ten Galicia neste eido, con máis de 300 festas gastronómicas, 11 restaurantes Estrela Michelin, 37 Soles Repsol en 25 restaurantes e máis de 50 restaurantes que foron certificados no ano pasado coa “Q de Calidade Turística”, o que supón que un 18% dos establecementos de restauración de España, con este recoñecemento, son galegos.
Dende A CMAT pretendese impulsar este tipo de turismo xa que o xeodestino “Costa da Morte” conta cunha serie de factores moi apropiados para disfrutar dun turismo gastronomico de calidade que ven dado polas materias primas de primeiro orde e unha revalorización dun sector en auxe.
Ca participación neste tipo de mesas a CMAT pretende tomar relevancia dentro dun tipo de turismo desestacionalizado e no que a amplia oferta vai destinada a un publico moi maioritario.
No futuro Plan Estratéxico de Turismo Enogastronómico, terá cabida tanto a cociña de vangarda como a máis tradicional, impulsando ao mesmo tempo a competitividade do sector primario.