xoves. 18.09.2025
El tiempo

Poucas novidades sobre o estudo de impacto ambiental do Porto Mixto de Corcubión

Remolcando unha embarcacion no porto de Santa Isabel
Imaxe dun suceso dunha embarcación que acabou nas pedras da Santa Isabel
Poucas novidades sobre o estudo de impacto ambiental do Porto Mixto de Corcubión

Segue estancado o proxecto do Porto Mixto de Corcubión. Xa case vai un ano dende que o PP recoñecía no Parlamento que “non vai ser posible que o vindeiro ano estean en execución as obras", pero é que chegando a final de 2025, cun novo inverno moi preto, nin a Plataforma veciñal Portos Si, Mortos Non, nin o Concello de Corcubión saben algo sobre o estado do estudio de impacto ambiental. Un estudio foi anunciado hai ano e medio no DOG.

Ante esta situación, é o deputado do BNG pola Costa da Morte, Oscar Insua, o que vén de presentar diversas iniciativas no Parlamento galego para reclamar á Xunta de Galiza que remate o estudo de impacto ambiental do Porto Mixto de Corcubión “á maior brevidade posible,” e a sometelo a información pública e consultas ás administracións públicas afectadas este mesmo ano, así como incluír nos vindeiros orzamentos autonómicos unha partida con dotación suficiente para licitalo e iniciar a súa execución.

Dende a "Plataforma veciñal Portos Si, Mortos Non" lamentan non ter novidades dende que en xuño pediran unha reunión co presidente de Portos, e van enviar unha nova petición con copia á Consellería de Mar e ao Presidente da Xunta.

Pola súa parte, dende o PP local aseguran que o estudio está en marcha, e que se atopa na área de Patrimonio, quedando pendente a anaálise de Transición Ecolóxica, se ben este mes haberá máis novidades.

Histórico do proxecto

Sucesos no peirao

 

 

Comentarios