sábado. 10.05.2025
El tiempo

A proba no Campionato de San Humberto Cabo Fisterra trasládase unha semana polo tempo

A proba no Campionato de San Humberto Cabo Fisterra trasládase unha semana polo tempo
Campionato de caza de San Humberto Cabo Fisterra 2015

O próximo día 28 de Febreiro ía celebrarse un ano máis, o Campionato de caza de San Humberto Cabo Fisterra. Pero debido á climatoloxía desfavorable que se dou durante toda a xornada do sábado non se puido celebrar, quedando esta aprazada para este próximo sábado 7 de marzo.

Nesta ocasión a proba disputarase no coto de caza intensiva “Prado do Salgueiro“ contando este cuns terreos inmellorables para tal practica.

A concentración será no Bodegón Anchoa, as 8:00h da mañá. De seguido os competidores desplazaranse os terreos para dar comezo a proba as 9:00h.

Esta modalidade é das máis practicadas en toda España, tendo en Galicia un gran nivel contando con varios podios nacionais e varios campionatos do mundo. Nesta modalidade de caza prima a ética cinexético-deportiva do cazador xunto coa astucia do can na búsqueda da peza e a compenetración entre ambos son valoradas por un xuiz de campo ata un máximo de 100 puntos.

Esta proba e puntuable para a copa Galicia na modalidade, contando esta coa colaboración do concello de Fisterra e pensos Arion.

Tras finalizar a proba tera lugar un xantar de clausura e entrega de premios no retaurante Tira do Cordel.

As inscripcións quedan abertas ata este xoves ás 19:00h no teléfono 617 287 945.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios