Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A música en Fisterra, "sempre millor en directo"

A música en Fisterra, "sempre millor en directo"

Esta é a filosofía do novo espacio aberto para a música na fin do mundo. O Boulevard Lounge de Fisterra, tras abrir as súas portas fai escasamente dous meses, fai pública xa a súa axenda de musica en directo. I é que este novo proxecto é unha aposta pola música en vivo, que falta facía nesta bisbarra onde a orquestra domina o mercado musical.

A oferta musical tentará ser do máis ampla posible, para facer chegar ao público a extensa variedade de bandas e proxectos musicais que circulan por Galicia e tamén polo exterior. Ademais están pensados eventos de humor e outras propostas que se farán publicas no seu momento.

Citas no Boulevard

  • Venres 10 de xuño, ás 22:30h: Bakin´Blues Acoustic Trío.
  • Venres 1 de xullo, as 23:30h: Abbey Road.
  • Venres 22 de xullo ás 23:30h: Hector Lera e dous calquera.

Máis información

Máis información

Fonte

  • Nota de prensa do Boulevard.

Comentarios