A Obra Social Nosa Señora do Carme recibe apoio empresarial


Posta en marcha polo mítico Parroco Luciano Moreira, a Obra Social Nosa Señora do Carme de Fisterra é un dos proxectos de obra social máis importantes da Costa da Morte. Pero necesita fondos, e ademais da Gala Solidaria realizada en Corcubión a prol da entidade, hoxe coñecemos que vén de conseguir financiamento empresarial.
A empresa Ferroatlántica vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación de Colaboradores/as da Obra, por medio do cal, a compañía prestará o seu apoio a esta entidade, na súa actividade de protección de menores e persoas maiores en situación de dificultade na contorna da Costa da Morte. Carlos Oliete e Mª Alicerce Traba, presidenta da Asociación, asinárono.
Cómpre destacar que actualmente, a Obra Social Nosa Señora do Carmen presta protección a un total de 14 menores e risco e exclusión, ademais de ofrecer fogar a 15 maiores con problemas económicos e de exclusión, procedentes, concretamente, dos concellos de Cee, Muxía e Fisterra.
Novas relacionadas
- Todo Vimianzo fai balance do seu Nadal máis Solidario.
- Cáritas Fisterra recolle e reparte 2500 quilos de alimentos.
- A pesca que non se comercializa, do mar de Camariñas ás familias necesitadas.
- O Instituto Solidario.
Fonte
- Nota de prensa de Ferroatlántica.