Cáritas Fisterra recolle e reparte 2500 quilos de alimentos


Cos tempos que corren é moita a xente que necesita axuda. Por esto, a mediados do ano, un grupo de mozos e mozas voluntarios de Fisterra, decidiu reabrir Cáritas Parroquial de Fisterra.
Gracias á iniciativa "Carro Solidario" conseguiuse reunir 2.375 kilos de alimentos. A mencionada iniciativa foi respaldada por algúns dos supermercados do pobo: Autoservicio Familia, Supermercados Froiz e Supermercado Covirán. Ditos supermercados estiveron os mozos voluntarios para informar, á xente, da iniciativa creada e concienciando que un alimento de primeira necesidade, axudaría ós máis necesitados a pasar un bo nadal.
Enorme a colaboracion do pobo fiserrán, xa que grazas á cantidade de alimentos reunidos, Cáritas pudo facer lotes e entregarllos ós máis desfavorecidos. Enorme e solidario, tamén o traballo destes rapaces e rapazas que adican os seus ratos libres e as súas vacacións a abrir o local de Cáritas, recoller os carros dos supermercados, hacer os lotes de alimentos, asi como o reparto deses lotes ca mellor vontade que saben facelo.
Toda a axuda é necesaria, polo que calquera colaboración é agradecida. Todos os que queiran colaborar poden pasarse polo local que ten a entidade na rúa Manuel Lago Pais (antiga Cruz Vermella) os venres e sábados no horario de 16.00 a 19.00 horas e de 10.00 a 13.00 respectivamente.
Novas relacionadas
Novas solidarias
- A pesca que non se comercializa, do mar de Camariñas ás familias necesitadas.
- As asociacións de Vimianzo únense nunha Plataforma Solidaria.
- O Instituto Solidario.
- 20 familias de Malpica reciben axuda en forma de alimentos.
- En Carnota xa non queda cativo sen xoguete.
- Polo Nadal, en Laxe xogamos todos.
- Íntegro animou aos alumnos de Baio a sacarse o Pasaporte Solidario.
- Solidariedade por deporte en Carballo.
- Camariñas adica o seu Mercadillo Solidario de Nadal a Filipinas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).