Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A Panorama non fallará á súa cita coa Semana Santa de Fisterra

A Panorama non fallará á súa cita coa Semana Santa de Fisterra
Cartel das Festasde Semana Santa de Fisterra 2015-Panorama 2015

Non nos deixan disfrutar do Entroido máis auténtico da Costa da Morte e xa están aí ca Semana Santa máis mítica da volta. A vea festexeira da vila do Cristo non para.

Pero xa o dicían os gañadores do Entroido, para calquera cousa, chama ao Pequeño Nicolás (o pequeno gran Rodrigo), pero “para traer a Panorama, chama a Traba”. E aí está, non falla!!

Xa coñecimos o programa relixioso, e sabemos que vai ser un ano cargado de sorpresas, pero esta xa a esperábamos pois a orquesta máis mítica de Galicia xa ten montado algún cristo en Fisterra… A súa visita será na noite do domingo 5 de abril, acompañada pola Paladium, que fará a sesión vermú.

O sábado 4 de abril tamén teremos boa troula, coa Gran Parada e Nueva Generación na verbena. E para o luns, o día para os fisterráns, toca sesión vermú e verbena coa Triunfo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios