Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A perda de dous concelleiros en Fisterra pola emigración trae críticas dende a oposición

A perda de dous concelleiros en Fisterra pola emigración trae críticas dende a oposición
A caída de habitantes na Costa da Morte e na vila de Fisterra faise patente. Fai pouco botabamos unha ollada ao censo de emigrantes da Costa, e as cifras eran verdadeiramente alarmantes. 1 de 4 habitantes da bisbarra vive fóra. Fisterra é dos concellos máis perxudicados e das 6.181 persoas censadas, 2.024 viven lonxe das súas casas. Hoxe, o que reflexiona sobre este duro dato é o BNG de Fisterra, tras ollar os últimos datos publicados polo INE, feitos públicos a pasada semana, nos que “se certifica unha importante caída do padrón de habitantes e, en consecuencia, a perda de dous concelleiros na corporación municipal”, de 13 a 11, segundo informa o grupo opositor. Para o BNG “a constatación deste dato tan negativo demostra, unha vez máis, que o alcalde e o seu goberno non están á altura das circunstancias, nin moito menos dos cargos que ostentan, xa que agora os fisterráns imos ver seriamente prexudicada a nosa economía despois de que o Fondo de Cooperación Estatal reduza as súas aportacións ao noso municipio en preto de 300.000 euros, unha auténtica sangría para todos nestes tempos de crise e dificultade económica”. Califica o BNG que “todas as informacións relativas á xestión do gobernó municipal son desesperanzadoras, desalentadoras e impropias dun concello coa historia e o prestixio que sempre tivo Fisterra”. E fai balance o BNG das desfeitas dos últimos anos: “Primeiro foron as licenzas declaradas ilegais polos tribunais de xustiza de varios edificios da Anchoa, e o conseguinte custe para as arcas municipais dos recursos presentados. Despois, a información facilitada polo informe financeiro da Deputación, que sitúa ao concello de Fisterra entre os peores, instándoo a que tome medidas urxentes, tanto no que atinxe ao gasto corrente como aos desorbitados salarios dos membros do goberno local. Finalmente, coa caída de habitantes do padrón, amais de perdermos representación municipal (dous concelleiros menos na próxima corporación), deixamos de percibir unha importante cantidade económica”. Deste xeito, solicitan accións que “incentiven que uns poucos veciños (5 ou 6) se empadroen e non perdamos todo ese diñeiro".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Fisterra.

Comentarios