A Plataforma fisterrá enviou un comunicado a Patrimonio pola conservación do Monte do Cabo

10:44 03/03/11
A situación do Monte do Cabo, ou Promontorio Nerium, preocupa no seo da Plataforma Fisterra Único Fin do Camiño. I é que a entidade ten un plan de conservación e promoción para o promontorio, pero precisa da axuda institucional para que poida ser unha realidade.
A entidade vén de enviar un escrito ao Director Xeral de Patrimonio onde informa do mal estado no que se atopa o Monte do Cabo á espera da posta en marcha do Plan Directorio do Monte do Cabo pola Dirección Xeral de Patrimonio Histórico, dirixido por César Portela. Asimesmo denuncian outras actividades que se levan a cabo no outeiro e que non axudan a súa conservación. I é que unha verdadeira ordenación do Cabo Fisterra é necesaria.
Para a Plataforma "Tódolos elementos etnográficos, arqueolóxicos e históricos que morren cada día afogados pola terra e os toxos do mítico Promontorium Nerium fisterrán amosan unha desidia i esquecemento que denota unha falta de sensibilidade pola entidade propia e que non contempla ningún tipo de argumento que o xustifique".
Pintadas nas pedras santas, queimas de produtos tóxicos... unha morea de actividades que perxudican as milenarias rochas. Por eso, a Plataforma quere instar á Xunta a que tome medidas inmediatamente para a conservación do patrimonio do Monte do Cabo.
Máis información
Novas relacionadas
- O Boletín da Plataforma de Fisterra crece e faise Revista.
- Necesidades do Camiño (II): Unha verdadeira ordenación do Cabo Fisterra .
- Ordenación económica do Cabo Fisterra.
- Boas ideas no Plan Monte do Cabo Fisterra .
- A Plataforma fisterrá seguirá traballando para poñer en valor o patrimonio do concello.
- Por unha Rúa Real peatonal en Fisterra.
- Novo ano e novo formato para o Boletín Km.0 de Fisterra.
- Novo Boletín Km.0 de novembro con colaboracións excepcionais.
- A revolución do futbolín alonxou ás consolas de Fisterra.
- A Plataforma fisterrá atopa a Esencia mariñeira a base de fotos.
- Fisterra viaxa no tempo polo Promontorio Nerium.
- O pobo fisterrán pide que Alejandro Finisterre sexa Fillo Predilecto da vila.
Fonte
- Nota de prensa da Asociación Fisterra Único Fin do Camiño.